Terra Sen Amos – Axencias
Gerardo Hernández Nordelo (Habana, 1965) graduado do Instituto Superior de Relacións Internacionais de Cuba, sentenciado a dúas perpetuas e 15 anos de cadea a maiores por un tribunal dos EUA, recibiu dia 20 na embaixada de Cuba en Madrid a homenaxe da solidariedade. Das dúas vidas a que fora condenado, polo seu heroico traballo de prevención do terrorismo contra o seu país, Gerardo houbera de padecer 16 anos de encerro. En Madrid dixo que a súa liberación debíase a solidariedade de todo mundo, levantada coma un poderoso vento de deserto que inzou de vergoña a pretendida moral democrática do Imperio. Dentro da protesta universal polo castigo aos heroes contra o terrorismo, Gerardo honrou en Madrid a activa amizade con Cuba no Estado.
Os 16 anos de cadea de Gerardo, asi como as condenas dos seus compañeiros anti-terroristas no ilegal proceso, pasaran co agravio moral engadido da continua presión da administración dos EUA para forzalos a arrependimento público. O proceder patriótico dos Cinco foi tan firme que se convertiu de feito, agrandado pola protesta mundial, no elemento clave da rendición dos seus captores.
Amais dos comités para a liberación dos Cinco que acompañaron a Gerardo en Madrid, no acto interviu o representante da Fronte Democrática pola Liberación de Palestina (FDLP), doutor Joan Yamil, que lembrou aos máis de 8.000 presos palestinianos encerrados por vida nas cadeas do sionismo sen proceso nin probas, polo delito de defenderen a súa terra ocupada.
Setembro de 2014, Fernando González Llort, heroe da República de Cuba e vice-presidente do Instituto Cubano de Amistad con los Pueblos (ICAP), dirixiuse na súa primeira visita internacional, recén liberado, a Madrid onde participara nun encontro de homenaxe aos Cinco. Na ocasión, entregara a representantes da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, o seguinte texto: “Aos amigos de Galiza: un saúdo agradecido e o compromiso de loitar até vermos de regreso a Gerardo, a Ramón e a Toni”.