Rosa Miriam Elizalde – La Jornada (Mexico)
Dia once do mes que andamos, fará un ano das protestas en Cuba que deran titulares en todo o mundo. A mestura explosiva do paso da pandemia e o afogo producido polas sancións de Trump que Biden mantivo no medio dunha emerxencia sanitaria mundial; os problemas acumulados na vida diaria, a crise económica, as temperaturas inclementes no verano insular… O ataque sistémico e prolongado contra a vida cotián de Cuba, deu seus froitos e os feitos vandálicos que acompañaran as 48 horas seguintes en varias cidades del país xeraron ríos de tinta e o agoiro de a Revolución acabar, por fin, más cedo que tarde.
As anunciadas réplicas 11J non se produciron e o goberno de Miguel Díaz-Canel non ten trazas de estar nas últimas como prognosticaran os agoireiros do Norte. De feito aconteceu todo o contrario: Washington dá sinais de debilidade e illamento, coma no Cume das Américas, que acabou nun fracaso monumental tralo intento do goberno de Biden de vetar a asistencia de tres países, Cuba entre eles.
Varios son os factores orixinarios das protestas de hai un ano, e variadas as razóns de por que non se repetiron até hoxe, malia as sancións e o desgaste da vida cotiá, idénticos en intensidade, ou se cadra máis opresivos. Porén, o heroísmo da normalidade en Cuba non produce titulares. Os media deixaron de mirar o que acontece na illa mentres o sub-mundo das plataformas sociais espalla decote sinais apocalípticos a través da guerra desinformativa.
Se hai unha zona escura dos acontecementos do 11 e 12 de xullo de 2021 en Cuba esa é a da responsabilidade das plataformas estadounidenses. O seu papel nesta historia é tan importante coma a velocidade coa que espallaron odio e crearon microclimas para catalizaren revoltas. Para alén da vontade maliciosa de dividir á xente (que xa case ninguén pon en dúbidas cando se fala de redes sociais) a Facebook (agora Meta), Google e Twitter expresáronse en termos de discurso de odio, que eles autorizan cando se trata do goberno da Habana e autorizaron unha marea de propaganda anti-gubernamental producida por usuarios geolocalizados fóra da illa.
O xornalista Alan MacLeod, de MintPress News, infiltrado nun dos grupos privados de Facebook que organizaron as protestas de hai un ano, documentou a participación de cidadáns estranxeiros nas supostas comunidades locais online que incitaron as protestas. A súa investigación probou que cidadáns estadounidenses interviran “nos asuntos internos de Cuba, a un nivel que dificilmente pode concibirse nos Estados Unidos. Mesmo os defensores a morte do RussiaGate non se atreverían a afirmar que foran rusos quen planearon as protestas polo asasinato de George Floyd ou a insurrección do 6 de xaneiro de 2021 en Washington”.
A sesión do Congreso dos Estados Unidos sobre o asalto ao Capitolio, proba que en certos casos de delitos políticos, a correa de transmisión entre discurso de odio e acción é evidente. Como o é, tamén, a conexión ideolóxica entre o extremismo anti-cubano da Florida e a ultradereita trumpista, moi pendida a caverna e o escurantismo, que aínda fala de fraude electoral, aldraxa os políticos demócratas e amplifica calquera relato deformado da realidade que sexa funcional aos seus prexuízos.
Nos EUA, as operacións de contra-información son unha bomba de reloxaría. Investidores do Partido Democrata usaron este argumento para compraren 18 estacións de Radio Hispana en Florida. Este é o punto cernal dun debate que comezara moito antes das eleccións de 2020, cando unha congresista solicitou unha investigación do FBI para determinar os graos de mentira nos medios de comunicación en español de Miami, que se estendían cara ás plataformas sociais e os chats de mensaxería, particularmente no WhatsApp. De por parte, The New Yorker describiu “como a mentira-pro-Trump influía na nova xeración de votantes cubano-americanos”, coa creación de comunidades fanatizadas que rexeitan calquera pensamento crítico e usan retórica incendiaria que non recoñece diferenzas entre a política de Joseph Biden e a de Miguel Díaz-Canel.
En termos de propaganda de guerra, a un ano do 11J estamos na mesma. A ameaza permanente a Cuba é o marco conceptual. Mais só un bando espalla odio a partes iguais a ambas dúas beiras do Estreito da Florida. Tic, tac.
Na véspera do aniversario do 11J, o Movimento Estatal de Solidariedade con Cuba critica a teimosía do bloqueo e o inzo da comunicación contaminada contra o primeiro goberno socialista de América. O aniversario da derrota do cerco dixital é obxecto dunha campaña internacional que recorda que Cuba non está soia https://www.siempreconcuba.org/nueva-jornada-mundial-de-solidaridad-con-cuba/ Comunicado do MESC en https://www.cubainformacion.tv/solidaridad/20220709/98085/98085-nueva-victoria-del-pueblo-cubano-mesc-respalda-actos-de-apoyo-a-la-revolucion-en-madrid-barcelona-las-palmas-y-malaga