Yoani Sánchez, delegada en Cuba da Sociedade Interamericana de Imprensa (SIP) axencia de notícias da CIA con sede en Miami, revelou na Illa de San Simón que non existe enfrontamento nin diverxencias entre Estados Unidos e o governo da República de Cuba. Invitada pola Consellaría de Cultura da Xunta e o diario La Voz de Galicia ao encontro Nethink (en réxime pechado, con distribución editada por Internet) a representante da axencia norteamericana dixo que os desacordos entre a poboación e o Governo Revolucionario son a causa de todos os problemas que sofre Cuba dende 1959.
Para patentar a súa credibilidade, a correspondente da SIP nega calquera relación con gobernos do mundo críticos con Cuba. En toda a nosa América é ben coñecida a dependencia da administración norteamericana da axéncia para a que ela traballa; é verdade que na súa recente visita a Brasil contara con organizacións de extrema dereita e o apoio explícito da embaixada norteamericana; falando na República Tcheca, como parte do programa de viaxe con parada na Galiza, ela mesma agradeceu a valiosa axuda prestada por People in Need (PIN), organización criada e financiada pela Fundação Nacional para a Democracia (NED), instancia de fachada da CIA.
Dous livros da súa autoría distribúe a delegada da SIP na súa xira mundial. Levan o selo da Random House, editorial dependente do Pentágono que non produce senon propaganda do Imperio.
Enfrontada con tantas evidencias de estar ao servizo dos Estados Unidos, a autora protesta que non deixa de criticar ao governo norteamericano mais na súa escrita non hai nin unha objección ao centro de torturas de Guantánamo, nada que objecte a licencia para matar dos “drones”, e nin mención dos Cinco Cubanos Anti-terroristas presos nos Estados Unidos.
Unha completa relación de sancións dos Estados Unidos contra Cuba, editada por Salim Lamrani, no seguinte enlace.
Na fotografía, Michael Parmly, xefe da oficina de intereses dos Estados Unidos en Cuba, proclama a Carlos Serpa Maceira, heroe da resistencia contra-revolucionaria. Serpa revelou ser axente revolucionario infiltrado nos grupos contra-revolucionarios pagados por Parmly.