Habana, 06 maio – Prensa Latina.
O diretor xeral da FAO (axencia da ONU para a Alimentación e a Agricultura) José Graziano da Silva, felicitou a Fidel Castro pola súa responsabilidade e empeño en facer que Cuba atinxise adiantadamente os obxectivos do programa de erradiación da fame no mundo, trazados no 96 en Roma para o ano 2015.
Da Silva cita na súa carta a intervención de Fidel en 1996, no cumio da FAO en Roma, e recorda o “breve pero poderoso discurso, que aínda permanece na memoria colectiva da nosa organización”. O diretor lembra as palabras finais de Fidel naquela ocasión: “as campás que dobran hoxe polos que morren de fame a diario, tocarán mañá pola humanidade enteira, caso de esta non querer, saber ou poder ter sabedoría abonda para salvarse”.
Da Silva anunciou que a vindeira Conferencia da FAO prevista para xuño en Roma, pode definir como principal obxectivo erradicar a fame totalmente. Cuba e outros 15 países serán recoñecidos nesa reunión por teren cumrpido anticipadamente a meta establecida no 2015.
Outras nacións citadas polo diretor da Fao, son Guiana. Nicaragua, Perú, Uruguai, Venezuela e Chile. Da Silva expresa no remate da carta os mellores votos de benestar e éxito para o povo de Cuba e para o Líder Histórico da Revolución.