Arquivo da etiqueta: FAO

O diretor da FAO felicita a Fidel e a Cuba por anticiparse aos obxectivos do programa de alimentación básica

Habana, 06 maio – Prensa Latina.

O diretor xeral da FAO (axencia da ONU para a Alimentación e a Agricultura) José Graziano da Silva, felicitou a Fidel Castro pola súa responsabilidade e empeño en facer que Cuba atinxise adiantadamente os obxectivos do programa de erradiación da fame no mundo, trazados no 96 en Roma para o ano 2015.

Da Silva cita na súa carta a intervención de Fidel en 1996, no cumio da FAO en Roma, e recorda o “breve pero poderoso discurso, que aínda permanece na memoria colectiva da nosa organización”. O diretor lembra as palabras finais de Fidel naquela ocasión: “as campás que dobran hoxe polos que morren de fame a diario, tocarán mañá pola humanidade enteira, caso de esta non querer, saber ou poder ter sabedoría abonda para salvarse”. Seguir lendo O diretor da FAO felicita a Fidel e a Cuba por anticiparse aos obxectivos do programa de alimentación básica

Homenaxe dos amigos de Cuba a Mirta Rodríguez en Compostela

Terra Sen Amos/Compostela

Mirta Rodríguez Pérez, a nai de Antonio Guerrero, falou en Compostela dos Cinco Heroes Cubanos presos do Imperio. Mirta representa o sacrificio das familias dos patriotas privados de liberdade por defenderen o seu País e con 80 anos divulga por todo o mundo o valor e renuncia de René, Antonio, Gerardo, Fernando e Ramón que puxeran en perigo as súas vidas para prever e evitar os atentados dirixidos a Cuba dende o centro de Miami.

En Compostela, Mirta Rodríguez participou nunha palestra á beira de Alberto Betancourt Roa, asesor da Asociación de Economistas de Cuba e do Deputado Luis Morlote Rivas, presidente da Asociación Hermanos Saíz. Presentounos Xesús Veiga, presidente da Fundación “Galiza Sempre”. Seguir lendo Homenaxe dos amigos de Cuba a Mirta Rodríguez en Compostela