O embaixador estadounidense Hammer que non goberna nada en Cuba

Rosa Miriam Elizalde – La Jornada (México)

Mike Hammer, encargado de Negocios da embaixada dos EUA en Cuba, logo de reunirse co cardenal Juan de la Caridad García Rodríguez na Habana.

“O que se ocupa dos asuntos de Cuba son eu, se non lle importa”. Esta fora a resposta de Fidel Castro a un funcionario do ministerio de Relacións Exteriores (Secretaría de Estado) dos EUA, nun casoi  comentado durante décadas nos círculos diplomáticos.

Sucedera 16 de abril de 1959, no Salón South America do hotel Statler-Hilton de Washington, á saída dun xantar co ministro secretario de Estado interino Christian Herter.  Naquel encontro, o director da Oficina de Asuntos do Caribe, William Wieland, dependente da Secretaría de Estado, presentouse con estas palabras a Fidel: “Eu son a persoa que se ocupa dos asuntos  de Cuba”. O líder cubano parouno en seco; non é só que falase as razóns senón que lle fixo unha rectificación histórica.

Antes de 1959 os embaixadores dos EUA en Cuba adoitaban actuar como procónsules afeitos a dar ordes e nomear e cesar gobernos baixo a presunción de que a illa era unha prolongación da Florida. A inicios do século XIX, John Quincy Adams expresara a arela de Cuba cair coma “froita madura” nas mans dos EUA. Anos máis tarde, trala Guerra hispano-cubana, Washington impuxo a Emenda Platt, pola que se arrogaba o dereito a ocupar militarmente Cuba, instalar ilegalmente unha base naval en Guantánamo e nomear gobernador interino na illa segundo lle petara. Foi o limiar do que os historiadores chamaron a república mediatizada, gobernada dende os EUA por delegación de tiranos que eles mesmos nomeaban.

Un dos casos máis escandalosos do Departamento de Estado entrometido en Cuba, sucedeu  en 1933, cando Franklin D. Roosevelt encargou ao embaixador Sumner Welles mediar na crise política provocada pola ditadura de Gerardo Machado. Chegou cun aviso concreto: “se Machado non pon orde no galiñeiro, regresarán as cañoneiras ao porto da Habana”. Welles negociou primeiro co ditador, a seguir coa oposición e, finalmente, impuxo un presidente provisional que non logrou deter a revolución sobrevida nese ano e a seguir mandouno  marchar, coa resolta complicidade estadounidense.

Tal foi o protagonismo dos embaixadores enviados pola Casa Branca que o goberno provisional constituído en 1934 tras un golpe de Estado coñécese na historia de Cuba como o triunvirato “Caffery-Batista-Mendieta”, co substituto de Sumner Welles, Jefferson Caffery, á cabeza do poder político do país. Earl E. T. Smith, o embaixador ao que sorprende a Revolución de 1959, chegou a se sincerar no Congreso dos  EUA: “Cuba era (ate daquela) unha república estadounidense”.

Co triunfo da Revolución, acabaron as componendas de Washington, mais non así as conspiracións e a cara lavada dos funcionarios dos EUA. Por exemplo, o xefe da misión diplomática na Habana durante a administración Bush Jr, coñecido polo pobo cubano como O Cabo Cason, por converter a Oficina de Intereses dos EUA en centro de conspiración e compra de disidentes baixo pretexto de defender os dereitos humanos.

Hoxe, o embaixador chámase Mike Hammer, para o caso encargado de Negocios da embaixada dos EUA na Habana. Ao risoño Hammer  deulle por percorrer o país de furón galistreiro na procura de opositores acubillados nas nóminas das axencias imperiais e aldraxar coas súas supostas “honras” ao heroe nacional José Martí, o primeiro gran ante-imperialista da historia cubana. Sempre a vista dunha cámara, en redes sociais, onde a xente pregúntalle se esta provocación continuada obedece á orde de Marco Rubio de agotar a paciencia do goberno cubano.

Hai uns días protagonizou unha conferencia de prensa en Miami que mais que exercicio de propaganda frustrado, acabou sendo un intento de autoafirmación e confianza nos mecanismos publicitarios do Departamento de Estado. Hammer vestiu seu discurso de causa solidaria e de argumentación sicolóxica a prol  do intervencionismo, nada disimulado polos embaixadores norteños en máis dun século. Volveu co retrouso de o bloqueo inexistentes e das sancións dos EUA contra Cuba afectar só ao goberno e non ao pobo cubano, coma se o diplomático estivese acreditado na lúa.

Polo simple feito de os EUA asumir a súa condición de imperio e os demais conformarnos coa condición de súbditos, Hammer quere convencernos de que “Washington e quen se ocupa de Cuba”. Nada menos certo e cando xoga a ser influencer en Instagram é ainda máis lamentábel, cun estilo para a mentira que recorda as cintas de vídeo das Golden Girls, antes que da era da internet

Tradución ao Galego para TSA por Calina Regueiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *