Xosé Aponte – Washington
O governo dos EUA tenta evitar a vergoña de quedar coma único votante a prol do Bloqueo na Asemblea da ONU e para iso fai circular unha denuncia contra Cuba á que acusa e comprometer gravemente a axenda de desenvolvemento sostíbel das Nacións Unidas para a illa. O ministro de Estado de Cuba denunciou a manobra con estas palabras: “Se Estados Unidos quer debater nas Nacións Unidas a situación dos dereitos humanos en relación coas metas de desenvolvemento sostíbel, podemos facelo: diga só onde e cando”, desafiou Bruno Rodríguez Parrilla quen a seguir denunciou a violencia policial e a política migratoria racista dos EUA.
O ministro cubano informou dunha carta confidencial difundida polo Departamento de Estado (ministerio de relacións exteriores) dos EUA, na que este, falando en nome do pais que bloquea a Cuba dende hai 58 anos, di que non pode durmir pensando nas carencias de Cuba que os mesmos EUA provocan co seu cerco implacábel contra a illa. “Daria risa se non fose un feito grave politicamente”, comentou Rodríguez que ten reiterado a firme vontade de Cuba de dialogar co governo de Washington sobre bases de respecto mutuo.
A resolución 72/4 de la ONU que pide o remate do bloqueo contra Cuba será sometida a votación, que fai o número 17 dende 1992, na Asemblea Xeral do vindeiro 31 de outono. O clamor da Asemblea contra o cerco, que o Dereito cualifica de xenocidio, deixa sen defensa a EUA perante a opinión pública mundial ao ter que representar o papel dun estado tirano que despreza a opinion e a Lei internacional.
A resolución 72/4 de la ONU que pide o remate do bloqueo contra Cuba, será sometida a votación, que fai o número 17 dende 1992, na Asemblea Xeral do vindeiro 31 de outono. O clamor da Asemblea contra o cerco, que o Dereito cualifica de xenocidio, deixa sen defensa a EUA perante a opinión pública mundial ao ter que representar o papel dun estado tiránico que despreza a opinión e a Lei internacional.
O Bloqueo ten provocado dende o seu estabelecemento en 1962 por EUA, danos materiais a Cuba por un valor de case un billón de dólares, segundo precisa un detallado informe elaborado polo ministerio de Estado cubano.