Cuba chama na Asemblea da ONU a resistir a ameaza dun novo reparto colonial do mundo

Cuba insta aos paises do Sur a se defenderen unidos da ameaza dun novo reparto colonial do mundo. O ministro de Estado, Bruno Rodríguez Parrilla, denunciou na Asemblea Xeral da ONU a intervención militar en Libia e a crecente ameaza a Siria definidas como “respostas oportunistas e defensivas dos Estados Unidos e de Europa contra o debalo do seu sistema de dominación e despoxo en África Norte e Oriente Próximo, e diante os levantamentos populares en Túnez, Exipto e outros países”.

A secuencia da intervención colonial en Libia foi resumida polo ministro cubano ante o pleno da ONU con estas palabras: “A OTAN impuxo al Consello de Seguridade unha cuestionabel autorización aos Estados Membros para (…) protexeren aos civís baixo ameaza de ataque; a seguir, a OTAN violou esta mesma resolución para armar e finanzar unha fracción e despregar personal operativo e diplomático sobre Libia. Agora todos comprenden mellor que cousa é e para que pode usarse a chamada responsabilidade de protexer. Seguir lendo Cuba chama na Asemblea da ONU a resistir a ameaza dun novo reparto colonial do mundo

Cuba supera a Estados Unidos e Inglaterra en atención a infancia, nun inquérito de Save the Children

La Habana (Prensa Latina).

Cuba é o primeiro país de Iberoamérica en atención á saude da infancia e no cuidado integral dos cativos e supera aos Estados Unidos, Inglaterra e Alemania. Un recente inquérito da organización “Save the Children” sitúa a Cuba no oitavo lugar do mundo entre 161 países.

A valoración de “Save the Children” faise en base a tres indicadores principais: a proporción de médicos, persoal de enfermeiría, comadronas e outros traballadores sanitarios por cada mil habitantes. Tamén ten en conta a estatística de nenos vacinados contra a difteria, o tétano e a tos ferina e mais a proporción de mulleres que dan a luz coa asistencia de personal especializado. Cuba presenta mellores indicadores que Alemania, Rusia e Francia, nas posicións 10, 11 e 12 respectivamente; o Reino Unido e os Estados Unidos ocupan os lugares 14 e 15. España sitúase no posto 32. Seguir lendo Cuba supera a Estados Unidos e Inglaterra en atención a infancia, nun inquérito de Save the Children

A Federación Sindical Mundial reclama a intervención da ONU a prol dos Cinco

A Federación Sindical Mundial (FSM) reclama da ONU intervir perante os Estados Unidos para a urxente liberación dos Cinco revolucionarios cubanos que están a piques de cumpriren trece anos de castigo nas cadeas norteamericanas. A organización obreira mundial entende que Ban Ki Moon, secretario xeral da ONU debe instar ao presidente Obama para que este produza un indulto que poña fin a inxusta tortura de cinco persoas condenadas nos Estados Unidos por teren impedido a violencia asasina no seu propio país.

O texto da resolución fora proposto ao XVI Congreso da FSM pola delegación do sindicato canario Intersindical Canaria, organización de traballadores e traballadoras activamente implicada dende o seu comezo na campaña internacional pola liberación dos Cinco. A Asemblea da FSM, refrendou a carta como aportación á Campaña Europea por Un Millón de Asinaturas para a Liberdade dos Cinco, o que suma de feito os votos dos douscentos delegados do continente europeo aos seiscentos do resto do mundo. Seguir lendo A Federación Sindical Mundial reclama a intervención da ONU a prol dos Cinco

Cuba, á cabeza de América Latina en atención social e educación

Cuba ten os mellores indicativos sociais do continente Sure o Caribe, segundo acaba de publicar a Comisión Económica para América Latina e o Caribe (CEPAL) das Nacións Unidas. A estatística desta axencia especializada corrobora o proclamado pola Asemblea Xeral do Consello Economico e Social (Ecosoc) acerca do cumprimento dos Obxectivos do Milenio (Terrasenamos, 07.07.2011)

En materia de educación, Cuba salienta por ter a taxa máis alta de matriculacións no primeiro nível de ensino de 2009, co 99,3%. O promedio de escolantes por mestre ou mestra no primeiro nível está entre 12 e 9, o máis baixo de America Latina que ten unha media de 25-23 matriculados no período 200-2009. Seguir lendo Cuba, á cabeza de América Latina en atención social e educación

A folga de fame dos presos de California denuncia a tortura como norma nas cadeas dos Estados Unidos

A folga de fame de catrocentos presos durante máis de tres semanas na cadea californiana de Pelican Bay, deixou en evidencia que a tortura é unha norma no sistema penal dos Estados Unidos.

A protesta de Pelican Bay puxo en perigo de morte aos presos pero conseguiu dous obxectivos: romper o silezo da información dominante sobre o maltrato penal convertido en norma nos Estados Unidos e dobregar á administración penal federal nas demandas básicas da folga.

Canto ao impenetrabel telón da censura, a folga da super-cadea de Pelican Bay acabou na primeira plana do New York Times, despois dos presos entrar en estado crítico. Colin Dayan, profesor da Universidade Vanderbilt, contou nun artigo publicado neste diario que a reclusión de castigo en aillamento xa se convertira en ordinaria despois de o Tribunal Supremo dos Estados Unidos pór en dúbida dereitos fundamentais da poboación penal e admitir nas cadeas a existencia do monstro legal da “situación segregada” para os internos nas celas de castigo. Grazas ao Supremo, a administración penitenciaria deixou de render contas sobre os presos en celas de aillamento en preventiva porque non foran encerrados sen luz nin contacto en razón de castigo senón dentro do limbo legal da “situación segregada”. Seguir lendo A folga de fame dos presos de California denuncia a tortura como norma nas cadeas dos Estados Unidos

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook