Arquivo da etiqueta: Nacións Unidas

UN DIARIO EN BANCARROTA NUN PAÍS EN CREBA, ANUNCIA O FRACASO DE CUBA

Eugenio Martínez Enriquez, embaixador de Cuba en España, replica un editorial publicado polo diario El Pais o dia 5 de xaneiro, baixo o título “Y van 55 años”. Fronte a arrogante sentencia de “fracaso” aplicada polo diario á economía cubana, o Embaixador cita indicativos sociais de Cuba superiores aos dos Estados Unidos e Canadá; sobre a pretensión deste diario, en guerra declarada contra o ALBA, de seren os cubanos os máis “conscientes do fracaso” da Revolución, Martínez Enriquez recorda os millóns de cubanos e cubanas defensores dunha opción de governo que lles garantíu pola primeira vez a dignidade e a independenza”.

A carta de réplica desafía ao diario a buscar e publicar indicativos de asistencia infantil universal comparabeis aos de Cuba, co recoñecemento e parabéns das Nacións Unidas e varias outras institucións internacionais, a pesar de padecer dende hai máis de medio século estorbos, sancións, intervencións ilegais de contas, campañas de infundios, contaminacións, ameazas e atentados por parte dos Estados Unidos.

Seguir lendo UN DIARIO EN BANCARROTA NUN PAÍS EN CREBA, ANUNCIA O FRACASO DE CUBA

BOLIVIA, COA COLABORACIÓN DE CUBA E VENEZUELA, ACABA CO ANALFABETISMO EN 30 MESES E RIDICULIZA A COOPERACIÓN DOS PAISES RICOS

José Manzaneda – Cubainformación.

O plano de alfabetización de Bolivia, realizado en 30 meses mediante un acordo entre Bolivia Cuba e Venezuela, e dotado con 20 millóns de dólares, conseguiu para Bolivia da UNESCO a cualificación de “libre de analfabetismo”. Os resultados da alianza do Alba empequenecen os da cooperación de Suecia, España, Holanda, Finlandia e Bélxica, que entre 2002 e 2009, cun investimento de 11 millóns de dólares en diferentes proxectos, apenas deu alfabetizado 120 mil persoas.

Os amplos espazos que os grandes medios reservan para a cooperación en países empobrecidos, por parte de governos ricos, empresas e particulares de países do Norte, non se corresponden cos ruins resultados acadados. A suma de todas as cantidades donadas segue a estar ben lonxe do compromiso dos países ricos –refrendado en 1970 en Nacións Unidas- de aportar o 0,7 % do seu PIB á cooperación internacional. Nos últimos anos, as cantidades da cooperación reducíronse radicalmente: só en 2011, EEUU recortóu un 31%, Alemania un 47%, Canadá un 50% e España un 65%. Seguir lendo BOLIVIA, COA COLABORACIÓN DE CUBA E VENEZUELA, ACABA CO ANALFABETISMO EN 30 MESES E RIDICULIZA A COOPERACIÓN DOS PAISES RICOS

Vaclav Havel, defensor da OTAN contra a revolta dos povos

Durante anos, Vaclav Havel defendera a soberania do seu país contra o Pacto de Varsovia. Desaparecido o Pacto de Varsóvia por decisión dos seus propios mentores, Havel adicou o seu tempo aos intereses da OTAN e do imperialismo norteamericano contra o dereito e a vontade de outros povos a decidiren o seu destino.

O cativo autor de “Festa no Xardín” reservou as mais intensas descalificacións para os que defendían a súa soberania dende posicións diferentes ás da OTAN. Con todo, ningún país do mundo haberia de merecer o tempo e atención que consagrou a Cuba. Havel organizaba congresos, acollía a fina flor dos reventadores profisionais contra a presenza de Cuba nas organizacións internacionais e reclamaba un cambio póla forza do Governo da República de Cuba, ainda que para iso for preciso desafiar a carta das Nacións Unidas. Seguir lendo Vaclav Havel, defensor da OTAN contra a revolta dos povos

Só Estados Unidos e Israel votan na ONU por manter o bloqueo de Cuba

A Asemblea da ONU condenou por 186 votos o bloqueo dos Estados Unidos contra Cuba. A prol da intervención contra a illa en desafío da Lei internacional, só o voto de Israel acompañou ao do governo que aplica a ilegal medida dende hai máis de 50 anos.

Dous votos contra todo o mundo. O foro por excelencia das Nacións Unidas, aprobou unha resolución titulada “Necesidade de rematar o bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos contra Cuba”, na que recorda os compromisos dos asinantes da Carta de San Francisco en defensa da igualdade soberana dos Estados e a non inxerencia entre nacións.

Bruno Rodríguez Parrilla, ministro cubano de Estado, dixo que o dano económico ocasionado ao povo cubano co bloqueo xa se aproxima ao billón de dólares. “O que o governo dos Estados Unidos quere mudar, non vai mudar: o governo de Cuba será o governo do povo, polo povo e para o povo”, dixo o ministro. Seguir lendo Só Estados Unidos e Israel votan na ONU por manter o bloqueo de Cuba

Cuba chama na Asemblea da ONU a resistir a ameaza dun novo reparto colonial do mundo

Cuba insta aos paises do Sur a se defenderen unidos da ameaza dun novo reparto colonial do mundo. O ministro de Estado, Bruno Rodríguez Parrilla, denunciou na Asemblea Xeral da ONU a intervención militar en Libia e a crecente ameaza a Siria definidas como “respostas oportunistas e defensivas dos Estados Unidos e de Europa contra o debalo do seu sistema de dominación e despoxo en África Norte e Oriente Próximo, e diante os levantamentos populares en Túnez, Exipto e outros países”.

A secuencia da intervención colonial en Libia foi resumida polo ministro cubano ante o pleno da ONU con estas palabras: “A OTAN impuxo al Consello de Seguridade unha cuestionabel autorización aos Estados Membros para (…) protexeren aos civís baixo ameaza de ataque; a seguir, a OTAN violou esta mesma resolución para armar e finanzar unha fracción e despregar personal operativo e diplomático sobre Libia. Agora todos comprenden mellor que cousa é e para que pode usarse a chamada responsabilidade de protexer. Seguir lendo Cuba chama na Asemblea da ONU a resistir a ameaza dun novo reparto colonial do mundo