Arquivo da etiqueta: Tony Blair

Rajoy conserva o herdo de Aznar nunha UE que ten presa por liquidar a Posición Común

 A. Roade -Terra Sen Amos.
Sócios clave da UE manifestan a súa presa por liquidar a sanción comunitaria contra Cuba, a Posición Comun propugnada por Aznar en 2006. En menos que pasa unha borrasca, os paises conformados con aquela directiva contraria ao Dereito Internacional, quixeran non tela asinado nunca.  A cordial recepción de Bruno Rodríguez, ministro de Estado de Cuba, en Italia Francia, Holanda, Bélgica e Luxemburgo, e o seu diálogo con altos responsabeis da Unión Europea e a Unesco, marcan un novo éxito diplomático cubano na UE, apenas notado na prensa española. Á foto da sanción oportunista contra Cuba sucédelle coma a dos Catro das Azores (2003) na que dous retratados (Durán Barroso e Tony Blair) aseguran que foran enganados e os outros dous (Aznar e George Bush) preferirían censurar a imaxe. Avisado polo departamento de Estado de Washington, o governo de Rajoy devecía por marcar distancias con Aznar pero non tivo mellor idea que enviar ao ministro García Margallo a Habana para dar consellos democráticos. O paternalismo do PP está demostrando ser o procedimento máis caro para non dar aberto ningunha porta con Cuba. Para empeorar un anaco máis o panoorama, Rajoy mantén a guerra mediática contra Venezuela, e o membro da UE chamado por historia común a ser interlocutor privilexiado con Cuba, conserva o herdo de Aznar e convértese de feito en gardador único dunha Posición Común que dí querer cambiar.

Mália a súa declarada vontade de liquidala, Rajoy convértese de feito en celador da Posición Común de Aznar, da que renega a UE
Mália a súa declarada vontade de liquidala, Rajoy convértese de feito en celador da Posición Común de Aznar, da que renega a UE

Vaclav Havel, defensor da OTAN contra a revolta dos povos

Durante anos, Vaclav Havel defendera a soberania do seu país contra o Pacto de Varsovia. Desaparecido o Pacto de Varsóvia por decisión dos seus propios mentores, Havel adicou o seu tempo aos intereses da OTAN e do imperialismo norteamericano contra o dereito e a vontade de outros povos a decidiren o seu destino.

O cativo autor de “Festa no Xardín” reservou as mais intensas descalificacións para os que defendían a súa soberania dende posicións diferentes ás da OTAN. Con todo, ningún país do mundo haberia de merecer o tempo e atención que consagrou a Cuba. Havel organizaba congresos, acollía a fina flor dos reventadores profisionais contra a presenza de Cuba nas organizacións internacionais e reclamaba un cambio póla forza do Governo da República de Cuba, ainda que para iso for preciso desafiar a carta das Nacións Unidas. Seguir lendo Vaclav Havel, defensor da OTAN contra a revolta dos povos