Arquivo da etiqueta: Posición Común

O governo español admite a necesidade de reparar erros e inxustizas graves cometidas contra Cuba

Berenice Sobral – Miami*

Coa recente visita do presidente español a Habana, reloce quén tiña razon e como o tempo coloca cadanseu no seu sitio. A política española de apurar o eterno cerco de Cuba (Aznar) ou delegar na tirania de Washington e finxir inocéncia (Felipe González) remata no recoñecemento de Pedro Sánchez na Habana, de que España chega con moito retraso, eufemismo que admite a necesidade de reparar erros e inxustizas graves. Aznar desafia agora alarmado a fórmula dun observatorio hispano-cubano de Dereitos Humanos adiantada por Sánchez na súa visita, no que as sancións poden recaer naturalmente sobre España e as graves infracións cometidas polo seu governo.

Os crimes de Aznar poderian ser sancionados agora na Comisión Hispano-Cubana de Dereitos Humanos, anunciada por Pedro Sánchez na Habana.

Seguir lendo O governo español admite a necesidade de reparar erros e inxustizas graves cometidas contra Cuba

EuroLat reclama en Lisboa o fin do bloqueo contra Cuba

Terra Sen Amos – Cubadebate

EuroLat, a Asamblea Parlamentar Euro-Latinoamericana reunida en Lisboa reclama o fin do Bloqueo dos EUA contra Cuba ao tempo que condena o Golpe de Estado en Brasil e a nova campaña  terrorista contra o governo democrático de Venezuela. A Asemblea de EuroLat sesiona anualmente en plenárias e comisións e é lugar de encontro e concertación de forzas e partidos progresistas. Á cita de Lisboa asistiron 18 de maio 50  deputados do Parlamento Europeo e 75 do Parlatino, Parlacen e outros parlamentos latinoamericanos. A declaración final inclúe tamén a urxente promoción do acordo entre Cuba e a UE, a derogación da chamada posición común instada polo Partido Popular español e a devolución do territorio ilegalmente ocupado pola Base Naval de EUA en Guantánamo. Tamén foi proposta e aprobada unha moción a prol da retirada de todos os recursos de inxeréncia legal, comercial e económica contra Cuba.

Máis de cen parlamentários europeos e latinoamericanos pediron na Asemblea da EuroLat o fin do Bloqueo.
Máis de cen parlamentários europeos e latinoamericanos pediron na Asemblea da EuroLat o fin do Bloqueo.

Seguir lendo EuroLat reclama en Lisboa o fin do bloqueo contra Cuba

“Case ninguén recorda hoxe a chamada Posición Común” (Bruno Rodríguez Parrilla)

Luis Carballo (Euronews) – Cubaperiodistas – Resumo de Terra Sen Amos

Cuba ten acordos cos 28 paises da UE dende 1996, compromisos bilaterais que obrigaron  a gardar no caixón a Posición Común da UE sobre Cuba, promovida naquel mesmo ano polo Governo de José María Aznar. “Case ninguén recorda hoxe a chamada Posición Común, comenta Bruno Rodríguez Parrilla, ministro de Estado de Cuba nunha entrevista concedida ao canal da UE “Euronews”. A proposta española de obter cesións da soberanía política de Cuba mediante o bloqueo comercial, ficou de feito sobrepasada por acordos e declaracións de intencións que non consideraron o recomendado por Aznar. “As condicións quedaron ultrapasadas porque dende 1996, Cuba asinou convenios que establecen o contrario do que pretendía aquil vello documento, asinado de xeito atrapallado e con clara motivación política”, di Bruno Rodríguez. A entrevista no canal comunitário, non comenta o éxito da visita de Raul Castro a Paris e a presa doutras chancelerías da UE por se aproximaren a Cuba.

Ptotesta en Washington contra as detencións ilegais na base de Guantánamo.
Ptotesta en Washington contra as detencións ilegais na base de Guantánamo.

Seguir lendo “Case ninguén recorda hoxe a chamada Posición Común” (Bruno Rodríguez Parrilla)

Fidel recorda a Hollande o exemplo de cooperación de André Voisin

África Baña – Terra Sen Amos

O papaventos das axencias de notícias do Gran Capital dí que é notícia o anticiclón de Washington que move unha airexa para o Caribe. Un diagnóstico de comenencia. Algúns abonados destas oficinas de avisos pactados nas bolsas de cambio, repiten que “Cuba está de moda”, un pretexto para non explicar que anteonte eran partidarios de aillar a Cuba. No concurso do avestruz colonialista, a nota máis alta é a do xornal de referencia de Madrid, El Pais, de propriedade norteamericana (Liberty Acquisition Holdings) quen insiste en afirmar que “Cuba comeza dende cero” despois de Obama tenderlle a man. Quen me dera a Posición Cero, repite este grupo de capital. De cero? Na rolda de despedida de François Hollande, no aeroporto da Habana, o presidente de Cuba declárase satisfeito polos resultados da visita. Por se alguén non se decatara, Raul Castro repara nun feito significativo: cando un presidente anfitrión chega deica o avión do mandatario que ven de visita, a lingua diplomática fala de concordia. A seguir indica que a recuperación das relacións con EUA van ao ritmo que marca Cuba, expresión diáfana para recordar que a illa ten o seu tempo e que o veciño do norte,  por exemplo, tomouse medio século para cambiar o seu. Os diplomáticos de EUA teñen restriccións en Cuba? Aos de Cuba nos EUA non lles dán máis facilidades, se cadra menos.

Hollande é o primeiro mandatario da UE que visita Cuba e recibe a honra de ser despedido polo presidente ao pé do avión.
Hollande é o primeiro mandatario da UE que visita Cuba e recibe a honra de ser despedido polo presidente ao pé do avión.

 

“Temos de guiármonos polos acordos internacionais sobre o comportamento dos diplomáticos, aprobado na Convención de Viena de 1948, pero van ben as conversas”, di Raúl. A impaciencia do librecambio teima en falar de negocios, sinónimo do futuro sen memoria soñado polas axencias, e o presidente cubano recordaque “a posición común da Unión Europea no debeu existir nunca: foi algo importado e en Inglés”. A seguir fixo unha homenaxe a eivados permanentes e feridos nos atentados da mafia: “Agora tírannos o título honorífico de pais terrorista: que caste de terrorismo é o que pon os mortos cando os agresores non poñen ningún?”, lembrou Raúl.
A equipa de Hollande tiña programada unha breve visita a Fidel. Afinal conversaronmáis de dúas horas. Con Hollande, Fidel falóu de André Voisin, o técnico francés que só puido ver realizado nos campos de Cuba o seu soño de mellorar o gado en pasto libre e natural. Voisin quixo ser enterrado en Cuba. Representa o mellor da cooperación con Francia, no outro extremo da Posición Común proposta por Aznar (presidente de honra do PP) e endosada naquela altura por Paris, cando facer tal era agravar o cerco a Cuba para alén do límite. Os da posición Partir de Cero non foron nin citados na Habana.

Rajoy conserva o herdo de Aznar nunha UE que ten presa por liquidar a Posición Común

 A. Roade -Terra Sen Amos.
Sócios clave da UE manifestan a súa presa por liquidar a sanción comunitaria contra Cuba, a Posición Comun propugnada por Aznar en 2006. En menos que pasa unha borrasca, os paises conformados con aquela directiva contraria ao Dereito Internacional, quixeran non tela asinado nunca.  A cordial recepción de Bruno Rodríguez, ministro de Estado de Cuba, en Italia Francia, Holanda, Bélgica e Luxemburgo, e o seu diálogo con altos responsabeis da Unión Europea e a Unesco, marcan un novo éxito diplomático cubano na UE, apenas notado na prensa española. Á foto da sanción oportunista contra Cuba sucédelle coma a dos Catro das Azores (2003) na que dous retratados (Durán Barroso e Tony Blair) aseguran que foran enganados e os outros dous (Aznar e George Bush) preferirían censurar a imaxe. Avisado polo departamento de Estado de Washington, o governo de Rajoy devecía por marcar distancias con Aznar pero non tivo mellor idea que enviar ao ministro García Margallo a Habana para dar consellos democráticos. O paternalismo do PP está demostrando ser o procedimento máis caro para non dar aberto ningunha porta con Cuba. Para empeorar un anaco máis o panoorama, Rajoy mantén a guerra mediática contra Venezuela, e o membro da UE chamado por historia común a ser interlocutor privilexiado con Cuba, conserva o herdo de Aznar e convértese de feito en gardador único dunha Posición Común que dí querer cambiar.

Mália a súa declarada vontade de liquidala, Rajoy convértese de feito en celador da Posición Común de Aznar, da que renega a UE
Mália a súa declarada vontade de liquidala, Rajoy convértese de feito en celador da Posición Común de Aznar, da que renega a UE