Non deixa o goberno de Madrid de borrear o alto interese que ten por Cuba e a nada que se fale da súa relación coa illa, protesta de ter inventado a corrente da Bahama e o rio Jatibonico ben antes da formación dos continentes. Porén, programar unha visita de Estado que estea a altura da proclamada amizade histórica, preséntase coma a hemiplexia maior do goberno do PP. O gabinete de Rajoy mantén dentro da UE a liña de descalificación política máis despectiva con Cuba bloqueada por EUA, no entanto carece dun plano sustantivo de cooperación. A pantasma da Hispanidade contempla con receo a ringleira de mandatarios de todo o planeta que agardan quenda para honrar ao goberno da Revolución.
A. Roade -Terra Sen Amos. Sócios clave da UE manifestan a súa presa por liquidar a sanción comunitaria contra Cuba, a Posición Comun propugnada por Aznar en 2006. En menos que pasa unha borrasca, os paises conformados con aquela directiva contraria ao Dereito Internacional, quixeran non tela asinado nunca. A cordial recepción de Bruno Rodríguez, ministro de Estado de Cuba, en Italia Francia, Holanda, Bélgica e Luxemburgo, e o seu diálogo con altos responsabeis da Unión Europea e a Unesco, marcan un novo éxito diplomático cubano na UE, apenas notado na prensa española. Á foto da sanción oportunista contra Cuba sucédelle coma a dos Catro das Azores (2003) na que dous retratados (Durán Barroso e Tony Blair) aseguran que foran enganados e os outros dous (Aznar e George Bush) preferirían censurar a imaxe. Avisado polo departamento de Estado de Washington, o governo de Rajoy devecía por marcar distancias con Aznar pero non tivo mellor idea que enviar ao ministro García Margallo a Habana para dar consellos democráticos. O paternalismo do PP está demostrando ser o procedimento máis caro para non dar aberto ningunha porta con Cuba. Para empeorar un anaco máis o panoorama, Rajoy mantén a guerra mediática contra Venezuela, e o membro da UE chamado por historia común a ser interlocutor privilexiado con Cuba, conserva o herdo de Aznar e convértese de feito en gardador único dunha Posición Común que dí querer cambiar.
Adela Roade-Terra sen Amos O ministério de Asuntos Exteriores monta unha grande léria a conta do ex-presidente Zapatero ser recibido pola presidencia de Cuba. En tempos do bisavó de Felipe VI, a segunda carteira no protocolo do goberno, chamábase ministerio de Estado, por ser o encargado das relacións cos poderes planetarios. A gallifa de García Margallo, ministro encargado da diplomacia, non se comprende sen ter conta das sucesivas mancadas do PP na súa relación con Cuba. O primeiro goberno de José María Aznar (1966) entregara a política española con Cuba a EUA e fundaba a primeira alianza da UE para romper o goberno da illa do Caribe. En 1999, castigando a cruel pragmática de Bruxelas a un país pequeno e pobre, cercado por EUA, Aznar remiraba o protocolo da visita do Rei, na teima de facela privada e non oficial. O barullo da poderosa prensa de Aznar (coñecida daquela coma el sindicato del crimen) contra o goberno da Habana, dera lugar a caricaturas españolas contra a coroa a conta da visita real a unha ex-provincia española. Aznar prometera a George Bush acabar de vez co goberno cubano e perdía perigosamente a compostura ao ver ao xefe de Estado abrazar ao líder da Revolución. “Tes que mover ficha”, dixéralle arrogante a Fidel. E Fidel comeulle o Rei. Agora o goberno de Rajoy curte dores ao ver que Raúl Castro recibe a Zapatero, cando o ministro Margallo saíra de Habana clandestinamente o que revela un erro capital: o PP coida, como antigamente, que Cuba non ten política propia, vella arrogancia colonial que lle rompe a relación con Latinoamérica e non lle resolve a cadea de mancadas co goberno clave do ALBA. A ver se llo explicamos: carece de sentido culpar a Zapatero e Moratinos de sedición porque a iniciativa de recibilos é de Cuba, non deles.
Ninguén invitou ao ministro de Exteriores do Goberno de Mariano Rajoy a visitar Cuba. O preceito para visitas de Estado é declarar antes o obxecto da viaxe e agardar resposta do país ao que se se pretende viaxar. O ministro García Margallo invertiu os termos, e proclamou condicións para se presentar en Cuba.
Decontado, o viceministro de Relaciones Exteriores de Cuba, Dagoberto Rodríguez, recordou que García Margallo non recebeu ningunha clase de invitación para visitar Cuba.”Sería de interese para a opinión pública, saber se García Margallo recebeu algunha invitación verbal ou oficial para visitar Cuba, ou se coida que non precisa invitación”, declarou na Habana Dagoberto Rodríguez, quen indica a seguir: “A Cuba non o invitou ninguén”. Seguir lendo Cuba rectifica a García Margallo e recórdalle que España non foi invitada→
Non lle interesa ao goberno de Mariano Rajoy respaldar o proceso de integración da Nosa América? Izquierda Unida (IU) chama ao executivo central a se involucrar no proxecto de autonomía económica do continente e a exixir aos Estados Unidos o cese do bloqueo de máis de medio século contra Cuba.