Arquivo da etiqueta: Nosa América

50 VERDADES SOBRE A REVOLUCIÓN CUBANA

Salim Lamrani – Opera Mundi.

A Revolución Cubana, símbolo do degaro de independenza de América Latina e do Terceiro Mundo, marcou a historia do século XX. Seguir lendo 50 VERDADES SOBRE A REVOLUCIÓN CUBANA

Cuba rectifica a García Margallo e recórdalle que España non foi invitada

Ninguén invitou ao ministro de Exteriores do Goberno de Mariano Rajoy a visitar Cuba. O preceito para visitas de Estado é declarar antes o obxecto da viaxe e agardar resposta do país ao que se se pretende viaxar. O ministro García Margallo invertiu os termos, e proclamou condicións para se presentar en Cuba.

Decontado, o viceministro de Relaciones Exteriores de Cuba, Dagoberto Rodríguez, recordou que García Margallo non recebeu ningunha clase de invitación para visitar Cuba.”Sería de interese para a opinión pública, saber se García Margallo recebeu algunha invitación verbal ou oficial para visitar Cuba, ou se coida que non precisa invitación”, declarou na Habana Dagoberto Rodríguez, quen indica a seguir: “A Cuba non o invitou ninguén”. Seguir lendo Cuba rectifica a García Margallo e recórdalle que España non foi invitada

Cuba e Malvinas, os dous asuntos clave do Cumio das Américas a pesar da censura de Washington

Granma e Prensa Latina.

A posición común da Nosa América contra o bloqueo de Cuba e a prol da descolonización de Malvinas, frustrou as propostas dos Estados Unidos e Canadá no Cumio das Américas, celebrado domingo en Cartaxena de Indias. Norteamérica negouse a asinar un comunicado final que reclamaba a integración de Cuba e a devolución de Malvinas.

O Cumio pasará a historia pola protesta do continente Sur. “Todos os países de América Latina e o Caribe queren que Cuba estea presente, mal que exista unha imposición de Norteamérica que non o acepta”, dixo o presidente de Bolivia Evo Morales, que chamou tamén a atención sobre o progresivo aillamento dos Estados Unidos. Seguir lendo Cuba e Malvinas, os dous asuntos clave do Cumio das Américas a pesar da censura de Washington

Washington pretende aillar a Cuba coma en tempos da Guerra Fria

Bruno Rodríguez Parrilla, ministro de Estado de Cuba, resolveu ante xornalistas de todo o mundo, de que materia política faise “o consenso” dende o Río Grande á Patagonia a cada que os paises da Nosa América ignoren o bloqueo contra Cuba. A pregunta da correspondente da BBC na Habana Sarah Rainsford, o ministro dixo:

“O consenso para este asunto (o proposto Cumio das Américas en Bogotá) quere dicer a autorización de Washington e era ben que esa pregunta lla dirixira ao Governo norteamericano”. O Bloqueo é un crime e un erro que dura 50 anos, recordou o ministro. Seguir lendo Washington pretende aillar a Cuba coma en tempos da Guerra Fria

IU chama ao goberno Rajoy a se involucrar no proceso de integración da Nosa América

Non lle interesa ao goberno de Mariano Rajoy respaldar o proceso de integración da Nosa América? Izquierda Unida (IU) chama ao executivo central a se involucrar no proxecto de autonomía económica do continente e a exixir aos Estados Unidos o cese do bloqueo de máis de medio século contra Cuba.

Joan Josep Nuet, voceiro de IU na comisión de Asuntos Exteriores do Congreso, invocóu o acervo das relacións coa Nosa América para reclamar a solidariedade do Goberno coa integración regional, en particular para a Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (Celac) e a Unasur. Seguir lendo IU chama ao goberno Rajoy a se involucrar no proceso de integración da Nosa América