Arquivo da etiqueta: bloqueo de Cuba

Cuba e Malvinas, os dous asuntos clave do Cumio das Américas a pesar da censura de Washington

Granma e Prensa Latina.

A posición común da Nosa América contra o bloqueo de Cuba e a prol da descolonización de Malvinas, frustrou as propostas dos Estados Unidos e Canadá no Cumio das Américas, celebrado domingo en Cartaxena de Indias. Norteamérica negouse a asinar un comunicado final que reclamaba a integración de Cuba e a devolución de Malvinas.

O Cumio pasará a historia pola protesta do continente Sur. “Todos os países de América Latina e o Caribe queren que Cuba estea presente, mal que exista unha imposición de Norteamérica que non o acepta”, dixo o presidente de Bolivia Evo Morales, que chamou tamén a atención sobre o progresivo aillamento dos Estados Unidos. Seguir lendo Cuba e Malvinas, os dous asuntos clave do Cumio das Américas a pesar da censura de Washington