A. Roade -Terra Sen Amos.
Sócios clave da UE manifestan a súa presa por liquidar a sanción comunitaria contra Cuba, a Posición Comun propugnada por Aznar en 2006. En menos que pasa unha borrasca, os paises conformados con aquela directiva contraria ao Dereito Internacional, quixeran non tela asinado nunca. A cordial recepción de Bruno Rodríguez, ministro de Estado de Cuba, en Italia Francia, Holanda, Bélgica e Luxemburgo, e o seu diálogo con altos responsabeis da Unión Europea e a Unesco, marcan un novo éxito diplomático cubano na UE, apenas notado na prensa española. Á foto da sanción oportunista contra Cuba sucédelle coma a dos Catro das Azores (2003) na que dous retratados (Durán Barroso e Tony Blair) aseguran que foran enganados e os outros dous (Aznar e George Bush) preferirían censurar a imaxe. Avisado polo departamento de Estado de Washington, o governo de Rajoy devecía por marcar distancias con Aznar pero non tivo mellor idea que enviar ao ministro García Margallo a Habana para dar consellos democráticos. O paternalismo do PP está demostrando ser o procedimento máis caro para non dar aberto ningunha porta con Cuba. Para empeorar un anaco máis o panoorama, Rajoy mantén a guerra mediática contra Venezuela, e o membro da UE chamado por historia común a ser interlocutor privilexiado con Cuba, conserva o herdo de Aznar e convértese de feito en gardador único dunha Posición Común que dí querer cambiar.
Arquivo da etiqueta: Holanda
”Cuba erguéu na abolición da escravitude e tivo o privilexio de combatir e construir á beira das nacións africanas”, dixo Raúl na homenaxe a Mandela
Terra Sen Amos.
Cinco paises comprometidos na desaparición do Apartheid foron invitados polo governo de Pretoria a interviren na homenaxe internacional a Nelson Mandela. Cuba foi distinguida co lugar de honra do derradeiro orador. No protocolo de invitados, Sudáfrica reservou a Cuba o lugar preferente, razón pola que Obama, invitado por razón de Estado, estaba na obriga de saudalo antes dos demais.
As empresas de información do Estado español ao censuraren esta pública distinción da República de Sudáfrica con Cuba, deixaron ao seu público leitor sen un dado relevante do programa de Joanesburgo. A irmandade de ideas entre e Revolución Cubana e a Sudáfrica do CNA, foi o centro do discurso de Raul Castro.
Para Raúl, Mandela é “o símbolo supremo de dignidade e de consagración inclaudicabel á loita revolucionaria pola liberdade e a xustiza; coma un profeta da unidade, a reconciliación e a paz”. Seguir lendo ”Cuba erguéu na abolición da escravitude e tivo o privilexio de combatir e construir á beira das nacións africanas”, dixo Raúl na homenaxe a Mandela