PORTO COM CUBA CELEBRA DEZANOVE ANOS DE SOLIDARIEDADE COA REVOLUCIÓN

PORTO-Terra Sen Amos-Cuba Versus Bloqueo
A asociación Porto Com Cuba comemoróu o seu 19 aniversario numa Asemblea que reuniu a amizade de entre Douro e Miño coa Revolución, seguida dunha ceia e un concerto de música cubana. O encontro contóu coa presenza da embaixadora en Portugal, Johana Tablada de la Torre e na palestra interviron Gonçalo Duarte, presidente de Porto Com Cuba e Sérgio Vinagre, presidente da Asemblea. Os temas do encontro eran o Dia Mundial Contra o Bloqueo e a Solidariedade cos Cinco e foron obxecto de vivo debate. Unha representación da “Francisco Villamil” participou na comemoración celebrada no Clube dos Fenianos do Porto.

Johana Tablada, embaixadora de Cuba, diríxese a asemblea aniversario de Porto Com Cuba.  Na mesa, de esquerda a dereita, Sergio Vinagre e Gonçalo Duarte
Johana Tablada, embaixadora de Cuba, diríxese a asemblea aniversario de Porto Com Cuba. Na mesa, de esquerda a dereita, Sergio Vinagre e Gonçalo Duarte

Duarte deu a benvida á Embaixadora e á importante representación da solidariedade con Cuba e recordou o devir de medio século  de bloqueo contra a vontade da comunidade internacional, ou, precisamente, en aberto desafio a opinión da Asemblea das Nacións Unidas que por décimo segunda vegada condenou o crime, con só os votos de EUA e Israel en contra.

O presidente relatou sumariamente as iniciativas de Porto Com Cuba en 19 años, a partir da presentación por parte dun grupo de personalidades na Asemblea da República, da moción contra o Bloqueo norteamericano a Cuba que dera lugar a creación da instancia solidaria. Unha popular campaña, conseguira cinco toneladas de material escolar que foran embarcadas para Habana dende o porto de Vigo.

Duarte recordou tamén o apoio solidario do Movimento Sindical Unitario a unha campaña de Porto Com Cuba que obtivera 40 toneladas de víveres para remediar os danos do furacán “Gustav” que bateu en Pinar del Rio e Illa da Mocidade en agosto de 2008. Citou aliás exposicións, ciclos de cine, concertos, conferencias, debates, unha homenaxe impresa ao Che Guevara no 30 aniversario do seu asasinato con álbum “Cada palabra tuya es un hombre de pie”. Non esqueceu  a activa participación de Porto Com Cuba no Cumio Iberoamericana de 1998 celebrado en Porto.
Reafirmando o compromiso con Cuba e a súa proba de 5 décadas historia recente de poderen derrotar o proxecto imperialista e neoliberal de EUA, Duarte pediu o inmediato levantamiento do bloqueo e a liberdade dos herois presos polo imperio.
A Embaixadora agradeceu as probas de solidariedade transmitidas no tempo dende Porto Com Cuba pola Revolución e o povo cubano. Referíndose ao bloqueo dixo: “Contra máis tempo tarde unha inxustiza en repararse, máis difícil resulta xustificala e máis dificil é sostela.”

Johana Tablada propuxo adicar a velada e o concerto ao recordo de Gerardo, Antonio, Ramón e Fernando. Outra parte da súa intervención foi para o traballo solidario de médicos cubanos en Portugal.

Pechando a Asemblea, Sergio Vinagre recordou a importancia do exemplo de Cuba e do seu sacrificio en defensa da independencia e a xustiza, proba e modelo de a loita común como via de emancipación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *