Preservar e perfeccionar o socialismo, lema do Primeiro de Maio na praza da Revolución

A HABANA. Raúl Castro desfilou na fronte da manifestación habanera do Día Internacional dos Traballadores. A marcha fora convocada Baixo o lema “Preservar e perfeccionar o socialismo”.

Perto de 2000 invitados de 117 países e 209 sindicatos e organizacións de amizade internacionais, estaban presentes na Praza de la Revolución, engalanada con bandeiras para o evento. A asistencia de persoas de todas as idades, a multitude de cartaces e bandeiras, as músicas e os lemas coareados, daban a marcha un aire de festa.

Preservar e perfeccionar o socialismo, lema do Primeiro de Maio na praza da RevoluciónEn palabras do secretario xeral da Central de Traballadores de Cuba (CTC) a festa do Primeiro de Maio foi declarada xornada de unidade arredor da Revolución, asi como de reafirmación e compromiso co propósito de actualizar o modelo socialista.

O líder sindical recoñeceu que a batalla económica trazada non está libre de atrancos e dificultades e chamou a elevar os níveis de produción e produtividade laboral.

Centos de miles de cubanos participaron na marcha da Habana que foi encabezada por traballadores e traballadoras da Sanidade Pública. Nas pazas e avenidas de toca Cuba, a poboación renovou o seu propósito de manter e mellorar a prática do socialismo como único camiño para garantir a independenza, solventar os problemas, manter a paz e o compromiso internacionalista e garantir o futuro da xuventude.

Video sobre a marcha do Primeiro de Maio na Habana neste enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *