Terra Sen Amos – Redacción
Mentres a informacion dominante e delegada da hexemonia financeira acusa ao governo democrático de Venezuela de causar o caos no pais, Raúl Castro aproveitou unha asemblea trascendental do Parlamento de Cuba para denunciar a escandalosa conspiración mediática e golpista contra a República Bolivariana. “Quero acusar con voz alta e clara a agresión que sofre a nazón irmá, na que intereses políticos económicos imperialistas fan por impedir a libre determinación do pobo de Venezuela”. O presidente acusou aos EUA e governos cúmplices, de arbitrárias e inxustas sancións contra Venezuela e secomasi, de inxeréncia nos asuntos internos do pais soberano a traveso da Organización de Estados Americanos (OEA) e da difamación e manipulación da realidade, nunha cospiración encamiñada a derrubar o governo constitucional e democrático.
O presidente de Cuba acusou aos autores do golpe militar de 2002, do golpe petroleiro del 2003 e dos actos de violéncia golpista do 2014, de ser os mesmos que agora encabezan as protestas e reclaman intervención internacional. “Fan por xustificar a inxerencia extranxeira, baixo un hipócrita lema de axuda ao povo de Venezuela cando o xeito unico de tal facer e mostrar con feitos o respecto cabal á soberania do pais e a procura do entendimento a medio do diálogo constructivo e atento.
“Se for verdade –dixo Raúl- a proclamada inquedanza polo respecto polos dereitos humanos e a integridade das persoas, debe condenarse de vez a violencia golpista causente de mortos e feridos: as imaxes de xoves golpeados, acoitelados ou queimados vivos por opositores violentos, recordan os peores actos do fascismo”.
O presidente renovou, perante a Asemblea do Poder Popular, a solidariedade de Cuba coa Revolución bolivariana e chavista, coa Unión Cívico-militar do Povo de Venezuela e o governo que preside Nicolás Maduro Moros.
Raúl fixo igualmente mención dos acontecimentos no Brasil, a consecuenca dos métodos empregados para apartar da presidencia a Dilma Rousseff e o acoso do Partido dos Traballadores e o seu líder histórico Luiz Inácio Lula da Silva. “Acreditamos que só o respecto a vontade soberana e ao mandado do povo, volverán a lexitimidade ao sistema político do pais irmán: nesa loita, o povo do Brasil conta e contará con toda a solidariedade de Cuba”, concluiu o presidente.
http://tercerainformacion.es/opinion/opinion/2017/06/04/raul-castro-es-necesario-denunciar-y-detener-la-agresion-que-sufre-venezuela-video