Arquivo da etiqueta: América Latina

Manifestación solidaria con Cuba en Madrid

“Defendemos Cuba pola solidariedade, a paz, a vida e a democracia verdadeira”, dixo Carlos Tena no remate da manifestación celebrada domingo no centro de Madrid a prol da Revolución baixo o lema “Cuba non está soia”. Milleiros de persoas foron defender a independenza e o socialismo en Cuba e criticaron o renovado cerco dos medios capitalistas de toda a UE, e en particular do Estado español.

Corenta organizacións respaldaron a marcha. No remate Alicia Hermida e Willy Toledo denunciaron o cerco dos altifalantes do poder financeiro contra Cuba e os paises de América Latina que defenden unha politica independente e soberana fronte o imperialismo dos Estados Unidos e da UE. No manifesto salientouse que os que bombardean a opinión pública en presunta defensa dos dereitos humanos son cabezaleiros dos terroristas e torturadores en Guantánamo, Abu Ghraib, a Palestina ocupada asi como nas cadeas e comisarias do Estado español. Seguir lendo Manifestación solidaria con Cuba en Madrid

Discurso do Secretario de Estado de Cuba no XIX Cumio Iberoamericano

A pobreza só ten solución por medidas políticas.

Vencer a pobreza e o atraso mediante innovación e o coñecemento, sen solucionar as desigualdades, é un soño. No Cumio de Lisboa, a voz crítica do Secretario de Estado de Cuba, Bruno Rodríguez Parrilla, puxo a arela da liberación científico-técnica ao nivel da realidade da Nosa América. fixo pousar na realidade a arela de foi a no Cumio de Lisboa O representante de Cuba, díxoo cunha pregunta de Xosé Saramago “Qué caste de mundo é este que pode mandar máquinas a Marte e non fai nada para deter o asasinato dun ser humano “?

“A innovación e o coñecemento -dixo o Secretario de Estado- formulan oportunidades para promover o desenvolvemento, para impulsar o crecemento económico, para reducir a desigualdade, para curar as enfermidades curabeis e atopar solución ás hoxe incurabeis, para mellorar as condicións de vida de miles de millóns de seres humanos, para darlle oportunidade aos minusválidos, para erradicar a fame do mundo, para conseguir a xustiza e para protexer ao planeta do efecto depredador da nosa propia acción. Ora tamén poden usarse para promover a exclusión, privar aos máis pobres da tecnoloxía e o adianto, perpetuar na miseria miles de millóns de persoas, contribuír ao acaparamento e a exclusividade do coñecemento, concentrar o dominio das fontes e recursos para a produción de alimentos e explotar máis intensamente os recursos esgotabeis do planeta. Seguir lendo Discurso do Secretario de Estado de Cuba no XIX Cumio Iberoamericano

UN DOCUMENTO INSULTANTE

Néstor García Iturbe

No mes de Maio do ano actual, o grupo de traballo estadounidense “Council on Foreign Relations” publicou un documento titulado “Relacións Estados Unidos-América Latina. Unha nova dirección para unha nova realidade.”

Este documento pretende ser unha guía de como debe conducir a política exterior cara a América Latina a nova administración que asuma o goberno de Estados Unidos como resultado das eleccións presidenciais. Seguir lendo UN DOCUMENTO INSULTANTE

BUSH PROCURA TAPAR O FRACASO DA SÚA PRESIDENCIA CON NOVAS AMEAZAS CONTRA CUBA

Atilio A. Borón*

A clase dominante e os seus representantes políticos e ideolóxicos non poden por máis tempo coa roncha do seu fracaso no propósito de dobregar a resistencia de Cuba a pesar de medio século de agresión imperialista. O chasco sucesivo das conspiracións destinadas a “normalizar” a situación na illa -é dicir, a retornala á súa condición colonial- encirrou os seus institntos máis agresivos e criminais.

Hai anos, no 2004, o goberno de Bush inventara unha “Comisión para la Transición en Cuba” e deitou moreas de cartos para impor á democracia e o paraíso dos libres mercados na illa.

Roger Noriega, durante a audiencia ante o Comité de Relacións Exteriores do Senado, na súa condición do apoderado da presidencia para este proxecto, dixo que o que se propuña este grupo de “expertos”, empresarios e políticos convocados por Bush, era levar á práctica “a determinación presidencial de rematar co réxime de Castro e derrubar o sistema que o mantivera no poder durante tanto tempo”.

Tal como o formularan Wayne S. Smith and Chloe Schwabe na súa dura crítica a esta iniciativa, ista non só violaba flagrantemente ao dereito internacional, o principio de non-intervención e a Carta da OEA, que Washington dicía respectar, senón que, a maiores, os seus efectos serían totalmente nulos.

Con todo, a Casa Branca seguiu cos seus plans e o 29 de xullo de 2005: nomeou a Caleb McCarry, cadro técnico da dereita conservadora e fillo dun connotado axente da CIA, como coordinador do programa conspirativo. A súa misión era pór en pé o “cambio de réxime” -é dicir, construír dende a Roma americana unha oposición radical á Revolución mediante ríso de cartos e recursos de todo tipo- e conducir, á maneira dun antigo gobernador colonial, ao infortunado país á liberdade. Baixo a súa inspiración e liderado, este grupo produciu un informe de vulto no que aparecian os detalles do camiño polo que debería transitar o “cambio de réxime” que arelaban.

Non obstante, logo de varios anos de traballo todos os seus esforzos deron como resultado a máis completas das inutilidades. Un fracaso que non nos colle de sopresa porque o codigo da derrota inexorábel prometía era nada menos que a restauración da Cuba pre revolucionaria e un feroz escarmento contra os que guiaran e acompañaran á revolución.

Se algo faltaba para reafirmar aínda máis a Revolución Cubana era esa paifoca proclama da contra-rrevolución xunto cos detalles que manifestan a súa sede de vinganza.

O último episodio desta procesión de conspiradores coñeceuse Mércores pasado (21 de Maio) ao George W. Bush convocar na Casa Branca un feixe de contrarrevolucionarios, mafiosos e oportunistas para unha nova iniciativa propagandística, tan erma e inoperante coma as denanteriores: declarou esa data coma “Día de solidariedade co pobo cubano”. Abonda a mención dos asistentes ao encontro para poder comprender profundo desprezo que o pobo de Cuba sente por eles e por todos os que finxen solidarizarse con el.

Todas as flores do discurso que lle prepararon a Bush para o convivio merecen figurar na gloria do coro. O imperio trata aos seus incondicionais de badocos ignorantes e coida que os seus inimigos andan ás minchas. Cando pronuncian o nome do Apóstolo da independencia de Cuba, José Martí, co propósito de avaliar o seu plan de recolonizar Cuba -é dicir, de destruír a obra martiana, a obra pola que Martí ofrendou a súa vida para que fose consumada pola Revolución- é non só unha brutal terxiversación do legado martiano senón tamén unha infamia incualificable.

As referencias do ocupante da Casa Branca aos “prisioneiros políticos” en Cuba non son unicamente un disparate senón tamén a proba da esquizofrenia galopante que se apoderou da xerarquía do poder norteamericana: un presidente que avalou explicitamente a tortura, que promoveu os voos ilegais para torturar sospeitosos e que mantén en funcionamento dous campos de inhumana reclusión e permanente tortura como Guantánamo e Abu Ghraib; un presidente que, durante o Katrina que xostregou Nova Orleans descoidou o seu mandado e é culpable de practicar o xenocidio en contra dos afrodescendientes que alí vivían; o vándalo que destruíu un antergo berce da civilización, Iraq, séntese moralmente autorizado a ditar cátedra de dereitos humanos aos demais.

Esquizofrenia, ou estroboscopia moral, dun goberno que violou todas e cada unha das leis estadounidenses e que mantén na cadea, en condicións absolutamente desafiantes das máis elementais normas sobre a materia, aos cinco patriotas cubanos inxustamente detidos, e aos que se lles nega xuízo xusto que se lle concede mesmo aos delincuentes comúns, precisamente pola súa loita para combater ao terrorismo.

Ista nova fase da ofensiva en contra de Cuba tivo tamén outro lamentable protagonista: o Senador por Arizona John McCain, candidato republicano ás eleccións presidenciais do 2008. Se as asneiradas do “parrulo rengo” George W. poden interpretarse coma retrousos dun milhomes impotente no político e o militar, alí están Cuba, Venezuela, Iraq, Irán, Afganistán, Corea del Norte e tantos outros países para demostrar que os seus desafíos non dan acordado a ninguén.

No seu desespero por asegurar os votos republicanos de Florida e por gañar o apoio mafia cubana (excrecencia esta que non debe confundirse coa comunidade cubana residente na rexión, que como tantos outros de América Latina e o Caribe, emigran aos Estados Unidos en busca de oportunidades económicas), mafia que como toda a que aspire a tal nome mantén excelentes contactos con gobernantes, xuíces e policías o que lle permiten “corrixir” un resultado electoral desfavorable, coma fixeron con George W. Bush nas eleccións do 2000.

McCain dixo que “como presidente non hei esperar sentado o día no que o pobo cubano goce das bendicións da liberdade e a democracia. Non vou esperar porque este é un asunto que afecta tamén os intereses nacionais de Estados Unidos e non vou esperar. O pobo cubano esperou xa demasiado”.

¿Que quere dicir isto? ¿Que de gañar a presidencia ordenaría unha invasión sobre a illa, para levar aos seus habitantes as “bendicións da liberdade e a democracia” que tan pródigamente os Estados Unidos sementaran no Iraq? Secomasí, haberá que esperar que ao Senador se lle pase a intoxicación etílica que seguramente motivou as trementes ameazas para descubrir que é o que realmente pensa sobre a cuestión cubana. Sen esquecer, claro está, que as súas opcións de suceder a George W. Bush son bastante cativas e que, polo de agora cando menos, as súas ameazas non deberían ser consideradas seriamente.

Representan, iso si, un espectro do electorado norteamericano, sobre todo na Florida. Pero nen máis nen menos que iso.

Non é casual que este repetido bracear de Bush, McCain e compañía contra Cuba se produzan cando o goberno revolucionario achega novas evidencias que mostran irrefutablemente como a pretendida “oposición democrática” á Revolución non é senón un heteroxéneo grupúsculo de axentes a soldo do imperio, máis interesados en aseguraren as súas finanzas persoais que en calquera outra cousa.

Un dos seus principais financeiros dende as entrañas do monstro é Alvarez Fernández-Magriñá, recoñecido terrorista que, entre outros servizos brindados ao goberno dos Estados Unidos, figura o de ser quen meteu clandesrtinamente naquel país a Posada Carríles.

Nunha mesa redonda, conducida por Randy Alonso Falcón, informaron a xeito de algúns dos “líderes” desta chamada “oposición democrática”. Nalgúns casos aparecen filmados -en esceas que os afunden en deshonra perpetua – recibindo billetes de banco dos seus padriños estadounidenses e de funcionarios da propia Sección de Intereses de Estados Unidos en La Habana que, de feito, funciona como o estado maior da subversión contra a orde constitucional cubana. A cara lavada dun imperio sumido nunha irreversible decadencia moral, económica e política.

Digna foi a actitude do goberno cubano, que perante a burda intromisión do imperialismo actuou con prudencia, firmeza, sensatez e prudencia moi pouco habituais no mundo contemporáneo. Imaxinemos como reaccionaría a Casa Branca ante a inapelable revelación de que un goberno estranxeiro está a financiar e organizar unha oposición ilegal, anti constitucional e anti sistémica para derrocar as lexítimas autoridades dos Estados Unidos.

Se algún dos membros desa oposición quedase vivo aos poucos días de descuberta a conspiración seguramente sería para podrecer nunha cela de dous metros cadrados polo resto das súas vidas.

Nada diso aconteceu en Cuba.

Non estamos en presenza de nada novo. Esta foi a política seguida por Washington de xeito sistemático e global dende fins da Segunda Guerra Mundial.

Pero no caso de Cuba esta práctica adquiriu unha importancia enorme dada a prioridade que a Casa Branca lle asigna ao “cambio de réxime” na illa.

Ante ese obxectivo esvaécense todos os escrúpulos morais da xerarquía do poder norteamericana, que non deixa de arrogarse a mesiánica (e demencial) misión de espallar no mundo o que chama a liberdade, a xustiza, a democracia e o mercado sen fronteiras.

Pero Cuba resistiu medio século de agresións imperiais e ha resistir moito máis, todo o que sexa necesario.

Máxime cando unha serie de indicadores: dende a inconfesada pero real derrota das tropas imperiais no Iraq e Afganistán (convertido grazas aos Estados Unidos no paraíso mundial para a produción de heroína), até o esfarelamento do dólar, pasando polo crecente llamento político de Estados Unidos a causa da súa flagranteviolación da legalidade internacional nos cinco continentes, proba de que a súa capacidade para impoñer as súas políticas diminuíu de feito. Todo isto ratifica, unha vez máis, unha vella ensinanza da historia: existe unha correlación inversa entre a fachenda coa que se lanza unha ameaza e a capacidade efectiva para executala.

* Atilio A. Borón é profesor de Teoría Política na facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Bos Aires salienta a paradoxa de que o governo que máis violentamente escarnece no mundo a Lei internacional esixa publicamente a renuncia dos que cumpren e axudan internacionlamente na defensa dos dereitos humanos, como é o caso de Cuba.

(Artigo distribuido por Argenpress)