Arquivo da etiqueta: Caleb McCarry

BUSH PROCURA TAPAR O FRACASO DA SÚA PRESIDENCIA CON NOVAS AMEAZAS CONTRA CUBA

Atilio A. Borón*

A clase dominante e os seus representantes políticos e ideolóxicos non poden por máis tempo coa roncha do seu fracaso no propósito de dobregar a resistencia de Cuba a pesar de medio século de agresión imperialista. O chasco sucesivo das conspiracións destinadas a “normalizar” a situación na illa -é dicir, a retornala á súa condición colonial- encirrou os seus institntos máis agresivos e criminais.

Hai anos, no 2004, o goberno de Bush inventara unha “Comisión para la Transición en Cuba” e deitou moreas de cartos para impor á democracia e o paraíso dos libres mercados na illa.

Roger Noriega, durante a audiencia ante o Comité de Relacións Exteriores do Senado, na súa condición do apoderado da presidencia para este proxecto, dixo que o que se propuña este grupo de “expertos”, empresarios e políticos convocados por Bush, era levar á práctica “a determinación presidencial de rematar co réxime de Castro e derrubar o sistema que o mantivera no poder durante tanto tempo”.

Tal como o formularan Wayne S. Smith and Chloe Schwabe na súa dura crítica a esta iniciativa, ista non só violaba flagrantemente ao dereito internacional, o principio de non-intervención e a Carta da OEA, que Washington dicía respectar, senón que, a maiores, os seus efectos serían totalmente nulos.

Con todo, a Casa Branca seguiu cos seus plans e o 29 de xullo de 2005: nomeou a Caleb McCarry, cadro técnico da dereita conservadora e fillo dun connotado axente da CIA, como coordinador do programa conspirativo. A súa misión era pór en pé o “cambio de réxime” -é dicir, construír dende a Roma americana unha oposición radical á Revolución mediante ríso de cartos e recursos de todo tipo- e conducir, á maneira dun antigo gobernador colonial, ao infortunado país á liberdade. Baixo a súa inspiración e liderado, este grupo produciu un informe de vulto no que aparecian os detalles do camiño polo que debería transitar o “cambio de réxime” que arelaban.

Non obstante, logo de varios anos de traballo todos os seus esforzos deron como resultado a máis completas das inutilidades. Un fracaso que non nos colle de sopresa porque o codigo da derrota inexorábel prometía era nada menos que a restauración da Cuba pre revolucionaria e un feroz escarmento contra os que guiaran e acompañaran á revolución.

Se algo faltaba para reafirmar aínda máis a Revolución Cubana era esa paifoca proclama da contra-rrevolución xunto cos detalles que manifestan a súa sede de vinganza.

O último episodio desta procesión de conspiradores coñeceuse Mércores pasado (21 de Maio) ao George W. Bush convocar na Casa Branca un feixe de contrarrevolucionarios, mafiosos e oportunistas para unha nova iniciativa propagandística, tan erma e inoperante coma as denanteriores: declarou esa data coma “Día de solidariedade co pobo cubano”. Abonda a mención dos asistentes ao encontro para poder comprender profundo desprezo que o pobo de Cuba sente por eles e por todos os que finxen solidarizarse con el.

Todas as flores do discurso que lle prepararon a Bush para o convivio merecen figurar na gloria do coro. O imperio trata aos seus incondicionais de badocos ignorantes e coida que os seus inimigos andan ás minchas. Cando pronuncian o nome do Apóstolo da independencia de Cuba, José Martí, co propósito de avaliar o seu plan de recolonizar Cuba -é dicir, de destruír a obra martiana, a obra pola que Martí ofrendou a súa vida para que fose consumada pola Revolución- é non só unha brutal terxiversación do legado martiano senón tamén unha infamia incualificable.

As referencias do ocupante da Casa Branca aos “prisioneiros políticos” en Cuba non son unicamente un disparate senón tamén a proba da esquizofrenia galopante que se apoderou da xerarquía do poder norteamericana: un presidente que avalou explicitamente a tortura, que promoveu os voos ilegais para torturar sospeitosos e que mantén en funcionamento dous campos de inhumana reclusión e permanente tortura como Guantánamo e Abu Ghraib; un presidente que, durante o Katrina que xostregou Nova Orleans descoidou o seu mandado e é culpable de practicar o xenocidio en contra dos afrodescendientes que alí vivían; o vándalo que destruíu un antergo berce da civilización, Iraq, séntese moralmente autorizado a ditar cátedra de dereitos humanos aos demais.

Esquizofrenia, ou estroboscopia moral, dun goberno que violou todas e cada unha das leis estadounidenses e que mantén na cadea, en condicións absolutamente desafiantes das máis elementais normas sobre a materia, aos cinco patriotas cubanos inxustamente detidos, e aos que se lles nega xuízo xusto que se lle concede mesmo aos delincuentes comúns, precisamente pola súa loita para combater ao terrorismo.

Ista nova fase da ofensiva en contra de Cuba tivo tamén outro lamentable protagonista: o Senador por Arizona John McCain, candidato republicano ás eleccións presidenciais do 2008. Se as asneiradas do “parrulo rengo” George W. poden interpretarse coma retrousos dun milhomes impotente no político e o militar, alí están Cuba, Venezuela, Iraq, Irán, Afganistán, Corea del Norte e tantos outros países para demostrar que os seus desafíos non dan acordado a ninguén.

No seu desespero por asegurar os votos republicanos de Florida e por gañar o apoio mafia cubana (excrecencia esta que non debe confundirse coa comunidade cubana residente na rexión, que como tantos outros de América Latina e o Caribe, emigran aos Estados Unidos en busca de oportunidades económicas), mafia que como toda a que aspire a tal nome mantén excelentes contactos con gobernantes, xuíces e policías o que lle permiten “corrixir” un resultado electoral desfavorable, coma fixeron con George W. Bush nas eleccións do 2000.

McCain dixo que “como presidente non hei esperar sentado o día no que o pobo cubano goce das bendicións da liberdade e a democracia. Non vou esperar porque este é un asunto que afecta tamén os intereses nacionais de Estados Unidos e non vou esperar. O pobo cubano esperou xa demasiado”.

¿Que quere dicir isto? ¿Que de gañar a presidencia ordenaría unha invasión sobre a illa, para levar aos seus habitantes as “bendicións da liberdade e a democracia” que tan pródigamente os Estados Unidos sementaran no Iraq? Secomasí, haberá que esperar que ao Senador se lle pase a intoxicación etílica que seguramente motivou as trementes ameazas para descubrir que é o que realmente pensa sobre a cuestión cubana. Sen esquecer, claro está, que as súas opcións de suceder a George W. Bush son bastante cativas e que, polo de agora cando menos, as súas ameazas non deberían ser consideradas seriamente.

Representan, iso si, un espectro do electorado norteamericano, sobre todo na Florida. Pero nen máis nen menos que iso.

Non é casual que este repetido bracear de Bush, McCain e compañía contra Cuba se produzan cando o goberno revolucionario achega novas evidencias que mostran irrefutablemente como a pretendida “oposición democrática” á Revolución non é senón un heteroxéneo grupúsculo de axentes a soldo do imperio, máis interesados en aseguraren as súas finanzas persoais que en calquera outra cousa.

Un dos seus principais financeiros dende as entrañas do monstro é Alvarez Fernández-Magriñá, recoñecido terrorista que, entre outros servizos brindados ao goberno dos Estados Unidos, figura o de ser quen meteu clandesrtinamente naquel país a Posada Carríles.

Nunha mesa redonda, conducida por Randy Alonso Falcón, informaron a xeito de algúns dos “líderes” desta chamada “oposición democrática”. Nalgúns casos aparecen filmados -en esceas que os afunden en deshonra perpetua – recibindo billetes de banco dos seus padriños estadounidenses e de funcionarios da propia Sección de Intereses de Estados Unidos en La Habana que, de feito, funciona como o estado maior da subversión contra a orde constitucional cubana. A cara lavada dun imperio sumido nunha irreversible decadencia moral, económica e política.

Digna foi a actitude do goberno cubano, que perante a burda intromisión do imperialismo actuou con prudencia, firmeza, sensatez e prudencia moi pouco habituais no mundo contemporáneo. Imaxinemos como reaccionaría a Casa Branca ante a inapelable revelación de que un goberno estranxeiro está a financiar e organizar unha oposición ilegal, anti constitucional e anti sistémica para derrocar as lexítimas autoridades dos Estados Unidos.

Se algún dos membros desa oposición quedase vivo aos poucos días de descuberta a conspiración seguramente sería para podrecer nunha cela de dous metros cadrados polo resto das súas vidas.

Nada diso aconteceu en Cuba.

Non estamos en presenza de nada novo. Esta foi a política seguida por Washington de xeito sistemático e global dende fins da Segunda Guerra Mundial.

Pero no caso de Cuba esta práctica adquiriu unha importancia enorme dada a prioridade que a Casa Branca lle asigna ao “cambio de réxime” na illa.

Ante ese obxectivo esvaécense todos os escrúpulos morais da xerarquía do poder norteamericana, que non deixa de arrogarse a mesiánica (e demencial) misión de espallar no mundo o que chama a liberdade, a xustiza, a democracia e o mercado sen fronteiras.

Pero Cuba resistiu medio século de agresións imperiais e ha resistir moito máis, todo o que sexa necesario.

Máxime cando unha serie de indicadores: dende a inconfesada pero real derrota das tropas imperiais no Iraq e Afganistán (convertido grazas aos Estados Unidos no paraíso mundial para a produción de heroína), até o esfarelamento do dólar, pasando polo crecente llamento político de Estados Unidos a causa da súa flagranteviolación da legalidade internacional nos cinco continentes, proba de que a súa capacidade para impoñer as súas políticas diminuíu de feito. Todo isto ratifica, unha vez máis, unha vella ensinanza da historia: existe unha correlación inversa entre a fachenda coa que se lanza unha ameaza e a capacidade efectiva para executala.

* Atilio A. Borón é profesor de Teoría Política na facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Bos Aires salienta a paradoxa de que o governo que máis violentamente escarnece no mundo a Lei internacional esixa publicamente a renuncia dos que cumpren e axudan internacionlamente na defensa dos dereitos humanos, como é o caso de Cuba.

(Artigo distribuido por Argenpress)

OS CARCEREIROS DE GUANTÁNAMO REPARTEN NA UE CONSELLOS PARA CUBA

Pascual Serrano

A previsión de que mes de xuño vindeiro o Consello da Unión Europea aborde a continuidade, a conxelación ou a eliminación definitiva das sancións impostas a Cuba en 2003, froito do idilio entre Aznar e Bush, encendeu alarmas en Wáshington.

A xira europea do procónsul de Bush para Cuba Eis a razón de que a Casa Branca envíe de xira por Europa ao seu home para Cuba. Trátase de Caleb McCarry, nomeado por George Bush en xullo de 2005, no denominado Plan para a Transición en Cuba, procónsul para a illa, algo así como aquel Paul Bremen que designaran para Iraq.

En McCarry acaen abofé as condicións para a misión: é fillo dun axente da CIA, traballou na oficina do senador Jesse Helms, o que fora copatrocinador da lei que agudizou o bloqueo contra Cuba, e xa puxo en práctica os seus dotes de desestabilizador en Haití, onde foi encargado de canalizar o diñeiro do Partido Republicano para derrocar a Jean Bertrand Aristide.

Algo polo xeito pretenden agora con Cuba. McCarry xa recibiu 60 millóns de dólares para a súa transición, que se suman a outros douscentos anteriormente asignados. Cuba considera que o mero nomeamento de McCarry viola o dereito internacional e a Carta Fundacional das Nacións Unidas na medida en que ten como obxectivo un cambio de sistema nun país soberano cun goberno elixido democraticamente.

Visita case clandestina
A xira comezou o 7 de abril e incluíu Berlín, Bruxelas, Oslo, Estocolmo e Madrid, aínda que, a diferenza doutras ocasións, a tónica dominante foi unha discreción case clandestina.

Nalgúns casos as visitas non foron anunciadas nin publicitadas. Isto confirma que se trataba dun labor sorrateiro e de presión, máis que de levar á opinión pública europea unha posición de enfrontamento contra Cuba, que saben de antemán que non terá acollida pola cidadanía europea.

O obxectivo de Cuba como elemento fundamental da súa axenda recoñecíao xa un portavoz do Ministerio alemán de Relacións Exteriores, quen cualificou a visita de “encontro ordinario”, aínda que desvelaba que se tratarían “temas latinoamericanos en xeral e cubanos en particular”.

En Estocolmo, McCarry reuniuse na embaixada estadounidense cos grupos contrarrevolucionarios suecos receptores de fondos da Administración Bush.

Todo fai pensar que os recentes escándalos financeiros protagonizados polos grupos de Miami polo uso indebido das millonarias axudas da USAID (a axencia federal estadounidense que distribúe fondos con intencionalidade política baixo coartada de solidariedade) provocarán que, cada vez máis, a Administración estadounidense mire ás organizacións contrarrevolucionarias europeas como destinatarias adecuadas para eses fondos.

Isto xa provocou as primeiras cotenadas entre estes grupos: mentres o director da revista da contra Misceláneas de Cuba, Alexis Gainza, intentaba facer méritos ante McCarry anunciando e entregándolle exemplares da súa revista, onde se incluía unha entrevista co procónsul, o director de CubaNuestra, Carlos Manuel Estefanía, criticaba a ausencia na reunión da embaixada doutro editor dunha revista anticubana, Guillermo Milán.

E é que parece que se en Miami por cada anticastrista hai unha organización, en Suecia hai unha organización e ademais unha revista, probablemente co único obxectivo de que a coñeza a USAID.

Casualmente, durante a xira de McCarry, o seu gran valedor en Europa, o checo Vaclav Havel, presentou en Bruxelas a Fundación Europea para a Democracia, que di, busca impulsar a democracia fóra da Unión Europea “dende o Tibet até Cuba”. Ou quizais, deberían dicir, só en Tibet e Cuba, é dicir, dúas rexións a intervir para golpear a países que non se pliegan a Estados Unidos.

Acompañoulle o presidente da Comisión Europea, José Manuel Durão Barroso, quen tamén exerceu de anfitrión no Cume das Azores, onde Bush, Aznar e Blair anunciaron tamén a súa particular “democratización” de Iraq.

A Fundación non ocultou que ten como estratexia prestar “asistencia financeira para apoiar a oposición interna contra réximes ditatoriais ou activistas de países onde as liberdades son fráxiles”. Entre os primeiros inclúen a Cuba, e entre os segundos a Bolivia e Ecuador.

Tamén recoñecen que esperan financiarse dos gobernos da UE e a Comisión Europea, ademais de fundacións privadas, sen dúbida promovidas por esas multinacionais que tan molestas están coas políticas de recuperación dos recursos naturais que promoven os gobernos progresistas latinoamericanos.

Havel precisou que “non se trata só de apoio económico, tamén necesitan axuda intelectual, política e dos medios de comunicación”.

Parece que o apoio cidadán e popular é irrelevante no seu modelo democratizador, só necesitan diñeiro, gobernos e grupos de comunicación.

En Madrid, a presenza de McCarry desenvolveuse practicamente na clandestinidade; ata o conservador ABC cualificouna de “desapercibida” e de “diplomacia discreta”.

Na capital española reuniuse con Javier Sandomingo, director xeral de Iberoamérica, o embaixador estadounidense en España, Eduardo Aguirre; Carlos Alberto Montaner, acusado polo goberno cubano de participar en accións terroristas contra Cuba e o empresario cubanoamericano Leopoldo Fernández Punjals, fundador de Telepizza, quen vendeu en 1999 a súa participación embolsándose 50.000 millóns de pesetas das de de entón, deixando a súa cotización cunha caída do 50 % do prezo das accións e sen repartir ningún dividendo entre o resto dos accionistas.

Calquera analista recoñecerá que o discurso de EEUU sobre os dereitos humanos e Cuba é só unha coartada para tomar o control da illa. O denominado Plan para a Transición en Cuba é un despropósito que burla a Carta Fundacional das Nacións Unidas na medida en que ten como intención derrocar un goberno soberano.

Un plan que, como denunciou o goberno cubano, contén un anexo secreto que evidencia métodos preocupantes, que se reserva a Casa Branca para conseguir os seus obxectivos.

E en canto á parte “bondadosa” do plan, contén promesas tan ridículas como “alfabetizar aos cubanos” un pobo que está alfabetizando a decenas de países- ou vacinar de sarampelo, nun país onde se erradicou esa enfermidade hai décadas e onde a incidencia da enfermidade é máis baixa ca nos Estados Unidos.

Ante os silenzos sobre os resultados da xira de McCarry por Europa, só o tempo dirá se a UE de verdade ten a firme decisión de adoptar unha política propia e independente cara a Cuba ou seguirá aceptando as presións e chantaxes de Estados Unidos.

O goberno da illa demostrou que non ten ningún problema para abordar unha discusión sobre os dereitos humanos con Europa. O goberno español púidoo comprobar en abril do pasado ano tras unha reunión do ministro de Exteriores español co presidente entón en funcións, Raúl Castro.

Tras aquel encontro, os dous ministros de Exteriores difundiron un comunicado conxunto onde se acordaba “establecer un mecanismo bilateral de consultas políticas, incluído un diálogo en materia de dereitos humanos, con vocación de permanencia”, que ten como primeiro principio o “pleno respecto á soberanía nacional das dúas partes, á igualdade soberana de ambos os Estados, ao seu marco xurídico e ordenamento constitucional, e a non inxerencia nos seus asuntos internos”.

Corresponde a España lograr que en xuño a política da Unión Europea sexa a dun diálogo entre iguais, para o que a primeira medida é aceptar a lóxica esixencia da Habana de eliminar definitivamente as sancións contra Cuba.

Que veñan a Europa os xestores de Guantánamo a pedir sancións para o resto da illa por violación dos dereitos humanos é só unha proba máis dos paradoxos absurdos da política internacional.

Publicado en “Rebelion

O PLAN BUSH DE «ASISTENCIA A UNHA CUBA LIBRE»

Ricardo Alarcón de Quesada
Gara

O 20 de maio de 2004, con pompa e fanfarria, George W. Bush anunciou o seu Plan para a anexión de Cuba. O interminable procreo ­máis de 450 páxinas­ provocou unha andanada de críticas provenientes de todas partes.

Ante todo, do pobo cubano, a quen se lle ameaza co exterminio e coa liquidación da súa nación. Cuba, segundo di con todas as letras o sinistro Plan, simplemente desaparecería, deixaría de existir. Repasemos rápidamente o que sucedería aquí se chegase a aplicarse o que Bush aprobou:

– Devolución aos seus antigos donos de todas as propiedades, incluídas todas as vivendas das que millóns de familias serían desalojadas, en menos dun ano e baixo a supervisión e o control do goberno norteamericano mediante a Comisión do goberno de Estados Unidos para a Devolución de Propiedades.

– Privatizaríanse completamente todos os aspectos da economía incluíndo a educación e os servizos de saúde; serían disoltas todas as cooperativas e restaurados os vellos latifundios; eliminarían a seguridade e asistencia social incluíndo todas as pensións e retiros, e organizarían para os anciáns un programa especial de obras públicas que os empregaría mentres o seu estado de saúde permítallo; aplicaríanse rigurosamente as pautas do neoliberalismo máis cru. De todo isto #encargar+se outro aparello gobernamental yanki, o Comité Permanente do Goberno de Estados Unidos para a Reconstrución Económica.

– Como levar a cabo o que antecede atoparía a tenaz e invencible resistencia do pobo («non será fácil», recoñeceu Bush no amentado documento), darían a máxima prioridad á represión masiva e xeneralizada: contra todos os militantes do Partido, todos os membros das organizacións sociais e de masas e tamén «outros simpatizantes do Goberno», segundo afirma o texto, que advirte (¿facía falta?) que «a lista ­das vítimas da represión­ será longa». Disto igualmente #ocupar+se directamente o Goberno de Estados Unidos cun aparello represivo «organizado e dirixido polo Departamento de Estado».

– A dirección deste programa estaría en mans dun burócrata designado por Bush co pomposo cargo de coordinador para a transición e reconstrución de Cuba, unha especie de interventor e gobernador xeral para a illa como o fose fai máis dun século o xeneral Leonard Wood. Tería as mesmas funcións ­ata igual título­ que as que desempeñou o señor Brenner no Irak esnaquizado e invadido. Só que no caso de Cuba o coordinador xa foi designado, un tal Caleb McCarry, quen visitou algúns países europeos para recibir desvergonzada complicidade. A súa anticipada designación foi presentada polo propio Bush como proba de que o seu Plan contra Cuba e os cubanos vai en serio, non se queda nas palabras.

– O Plan Bush incluíu tamén medidas específicas contra os cubanoamericanos, a quen se lles restrinxiu drásticamente os vínculos cos seus familiares en Cuba, eliminóuselles a licenza xeral para visitalos e impúxoselles a discriminatoria limitación de só poder facelo unha vez cada tres anos se lles outorgan un permiso especial para iso e todo dentro da cruel e arbitraria redefinición do concepto de familia, do que quedan excluídos os tíos, sobrinos, primos e outros parentes.

Para alcanzar a súa meta, o Goberno norteamericano intensificaría as súas accións para poñer fin á Revolución cubana seguindo tres liñas fundamentais: un bloqueo económico cada vez máis rigoroso, o aumento do financiamiento e o apoio material aos grupúsculos mercenarios internos e unha sempre crecente campaña de propaganda e desinformación.

Calquera sabe que ese empeño por derrocar a un goberno doutro país, cambiar o seu réxime político, económico e social e sometelo ao seu dominio é un escandaloso ultraxe á legalidad internacional só concebible en xente con mentalidad fascista.

É tan obvio o carácter ilegal e agresivo do Plan Bush, tal o seu delirante desmesura, que foi objetado abiertamente ata por entidades e individuos que son adversarios da Revolución cubana e defensores das políticas e intereses imperialistas. Ese foi o caso dalgúns membros do chamado Diálogo interamericano ­incluíndo a coñecidos inimigos de Cuba­ que emi- tieron unha carta pública rexeitando ese Plan porque ven nel un chamado á guerra e a violencia. Houbo quen o cualificou de «aterrorizante» e como «o máis explosivo nas relacións entre Estados Unidos e América Latina nos últimos 50 anos».

Bush conseguiu algo que é o soño de calquera político norteamericano: unir o máis ampla fronte, desde a esquerda ata a dereita. Só que esta vez coincidían para criticalo a el e á súa endemoniado Plan.

Pero el contaba con algo ao seu favor. A mesma prensa, os famosos medios de comunicación que o acompañaron en mayo de 2004 e fixéronse eco do seu show publicitario, souberon despois gardar hermético, disciplinado silencio durante o resto dese ano e despois.

Algo que era «o máis explosivo» no medio século, sencillamente desapareceu da atención dos «informadores». O tema, simplemente, deixou de existir. E así foi durante ano e medio. Ata decembro do ano 2005.

De súpeto, sen vir ao caso, cando xa todos esqueceran o asunto, anunciouse desde Washington que ían emitir outro Informe sobre Cuba en mayo de 2006.

Multiplicáronse as especulacións. Houbo ata, entre os políticos e académicos que desde a dereita criticaron as barbaridades simplonas do Plan Bush, quen imaxinaron a posibilidade dunha rectificación.

Chegou o 20 de maio de 2006. Inquietáronse os medios e preguntaron.

Pero nada sucedeu ese día nin nos días e semanas seguintes. Os voceros oficiais responderon con evasivas ás indagacións dos xornalistas. Ata que uns e outros, unha vez máis, esqueceron o asunto.

Chegou a terceira semana do pasado xuño e de modo estraño, sigilosamente, apareceu no sitio en internet do Departamento de Estado fechado en día 20/06/2006. Pero, ao parecer, ninguén o viu. Transcorreu unha semana na que voceros e informadores gardaron silencio total. Ata que algúns medios de Miami e certas axencias noticiosas «descubriron» o que decidiron bautizar como «borrador».

Curiosamente o achado produciuse ao mesmo tempo. E non en calquera momento, senón precisamente cando comezaba o máis prolongado [periodo] feriado de Estados Unidos, que se estendería ata o martes 4 de xullo.

Como para que a información fose sepultada no medio dos lumes artificiais, a retórica patriotera e as vendas especiais nos seus centros comerciais cos que alá adoitan recordar o aniversario da Independencia.

O texto publicado agora non se aparta nin un milímetro do Plan Bush. Todo o contrario. Comeza por precisar que o ratifica, saúda os supostos éxitos que tivo a súa aplicación e, sobre esa «sólida base», anuncia «medidas adicionais» para «acelerar» o fin da Revolución cu- bana.

Esas medidas merecen ser analizadas e propóñome facelo máis adiante. Pero hai algo que esixe a denuncia máis enérxica e urxente. Algo absolutamente insólito. Antes de expoñer as «medidas adicionais», as que fai públicas, o informe di que existen outras contidas nun anexo que permanece secreto por «razóns de seguridade nacional» e para asegurar a súa «efectiva realización».

Logo de divulgar todo o que divulgaron ­decenas de millóns de dólares máis para os seus mercenarios, novas restricciones económicas e accións ilegais contra o comercio internacional e a soberanía de Cuba e doutras nacións, castigos adicionais para os cubanos e para cidadáns doutros países­ e de facer público fai xa máis de dous anos o seu Plan en que ata o máis mínimo detalle describe a súa intención de recolonizar a Cuba, logo de todo iso, ¿que é o que a estas alturas teñen que ocultar co máximo secreto? ¿Que esconden por razóns de «seguridade nacional e efectiva realización»?

¿Máis ataques terroristas? ¿Novos intentos de asasinato contra Fidel? ¿A agresión militar? Tratándose de Bush e os seus compinches calquera cousa é posible.

Ricardo Alarcón de Quesada é presidente da Asemblea Nacional do Poder Popular de Cuba