Arquivo da etiqueta: Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil

Encontro solidario de Porto e Galiza contra o bloqueo, 25 e 26 en Compostela

O bloqueo político, financeiro e comercial decretado polos Estados Unidos contra Cuba é o máis prolongado e inxusto da historia das relacións internacionais. É, ao mesmo tempo, a inxerencia máis desigual, perpetrada polo imperio máis armado e poderoso que teña existido no planeta, contra un país incomparabelmente inferior en poboación e en recursos económicos.

Contra esta situación, recrudecida nos últimos tempos, militantes da solidariedade de Porto e Galiza celebrarán os dias 25 e 26 de xuño en Compostela un encontro convocado pola asociación Porto com Cuba e a Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. Seguir lendo Encontro solidario de Porto e Galiza contra o bloqueo, 25 e 26 en Compostela

Martí, autor intelectual da Revolución Cubana, homenaxeado en Vigo

Arredor da figura de José Martí nos xardíns de Montero Rios de Vigo, xuntáronse sábado 29 amigos e amigas de Cuba, representacións da República Bolivariana de Venezuela, da República Oriental do Uruguai e da República Arxentina, que acudiran a celebrar o 158 aniversario do nacemento do poeta e pai da independenza cubana.

Alejandro D. Fuentes representou no acto ao Estado Cubano.

Inhaqui Solla Covelo, em representación da Xunta Directiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, anunciou o protocolo da homenaxe e invitou a unha asociada a realizar a ofrenda floral ao pé de monumento. Seguir lendo Martí, autor intelectual da Revolución Cubana, homenaxeado en Vigo

Herminio Barreiro, o mestre propagandista da revolución educativa de Cuba

Herminio Barreiro foi amigo de Cuba e admirador e propagandista da grande obra da educación na Revolución. O mestre de varias xeracións de mestres, foi recordado o dia 8 no cemiterio do seu Sisán natal (Ribadumia) pola súa confianza na educación coma arma para cambiar o mundo e gañar a xustiza, a convivencia e a liberdade. Na invocación de despedida, o seu amigo Mendez Ferrín, presidente da Academia Galega, salientou o compromiso de Barreiro coa Revolución cubana como parte da súa condición de mestre que quería non só interpretar o mundo senón transformalo na dirección do socialismo.

O profesor Barreiro participou como asociado e amigo nos traballos da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. El foi, por exemplo, o encargado de narrar o protagonismo de Ernesto Che Guevara na batalla contra a dependencia e o colonialismo en Cuba e en toda América, co gallo da efeméride “O Che un Soldado de América” organizada pola “Francisco Villamil”. Seguir lendo Herminio Barreiro, o mestre propagandista da revolución educativa de Cuba

Multitudinaria marcha en Compostela en defensa da Revolución Cubana

Máis de 2000 persoas manifestáronse na mañá de domingo 18 en Santiago en solidariedade con Cuba e en contra do bloqueo informativo.

Sindicatos, partidos políticos, asociacións de mocidade e centros sociais sumáronse á convocatoria lanzada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, deron voces en defensa da razón e xustiza da Revolución e denunciaron a mentira sistemática coa que os medios do capital procuran difamar o exemplo cubano, tan altamente valorado por todos os povos do mundo. Seguir lendo Multitudinaria marcha en Compostela en defensa da Revolución Cubana

DEFENDER A REVOLUCIÓN CUBANA É DEFENDER OS DEREITOS HUMANOS

Manifesto publicado pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” con ocasión da marcha en solidariedade con Cuba convocada en Compostela o 18.04.10

Unha nova campaña mediática de condena a Cuba estase desenvolvendo tras a morte en folga de fame do preso Orlando Zapata. Con todo, as voces que se alzan contra Cuba abstéñense de denunciar os innumerables casos de gravísimas violacións dos dereitos humanos cometidas polos estados europeos, tanto historicamente como na actualidade.

O 16 de outubro de 1961, a policía francesa matou centenares de manifestantes alxerianos en París e a prensa foi obrigada a non informar do masacre. En 1981, dez presos irlandeses morreron en folga de fame en prisións británicas, baixo o goberno de Margaret Thacher. Anos despois, en 1999, a ex-primeira ministra rendíalle unha homenaxe a Augusto Pinochet, procesado por xenocidio e acusado da detención de 300.000 persoas e da morte ou desaparición doutras 5.000. En datas recentes, a policía británica deu morte no metro de Londres a Jean Charles Menezes, un inmigrante brasileiro sen ningunha relación con feitos delitivos. Seguir lendo DEFENDER A REVOLUCIÓN CUBANA É DEFENDER OS DEREITOS HUMANOS