O presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro, enviou unha carta ao líder histórico da Revolución cubana, Fidel Castro, co gallo do 62 aniversário do asalto aos cuarteis Moncada e Carlos Manuel de Céspedes, 26 de xullo de 1953. “Transcorreron xa 62 anos dos asaltos ao Cuartel Moncada e ao Cuartel Carlos Manuel de Céspedes e, con todo, hoxe máis que nunca sentimos, Comandante Fidel, a chama viva de liberación que ardeu ese día en toda Nosa América e para alén, indicando un camiño que seguiron xa varias xeracións: un camiño que anda e seguirá andando”, di o presidente Maduro na súa misiva.