Terra Sen Amos – Redacción
Na portada de La Pupila Insomne, o periódico dixital cubano máis visitado, o seu director Iroel Sánchez lembra o encontro con Neira Vilas en Compostela e reproduce un artigo do cineasta Ernesto Padrón, escrito en memoria de Neira, co que coincidira na redacción da revista ZunZún na Habana. Escrebe Iroel Sánchez:
“Novembro pasado, día 27, morreu Xosé Neira Vilas, gran escritor Galego-Cubano e nobre persoa a quen tiven a honra de coñecer. Lémbroo aínda no noso derradeiro encontro, nun serán no que arrostrara un tempo ruín para vir dende a súa vila a Santiago de Compostela, á presentación do meu libro Sospechas y Disidencias. Lendo un texto da xornalista Paquita Armas Fonseca sobre as propostas para os Premios Goya da película Meñique, na que participara Neira, atopei un valioso testemuño sobre o escritor. Coido que tanto o seu falecemento, como a proposta de Meñique para os Goya, non han ter a transcendencia merecida na nosa prensa. “Quero con este texto render unha modesta homenaxe a Pepe Neira, falecido recientemente, e implicado en Meñique, di Paquita Armas, antes de citar en extenso a Ernesto Padrón, director de Meñique, a quen coñecín e de quen moito aprendín cando traballei na Editora Abril, onde el dirixía a revista ZunZún.
Reproduzo as palabras de Ernesto sobre Neira e Meñique, nesta homenaxe a que nos sumamos dende La Pupila Insomne. Máis abaixo cito as doce propostas de Meñique aos Premios Goya.
Seguir lendo Iroel Sánchez e Ernesto Padrón recordan ao Galego-Cubano Neira Vilas