A folga de fame de catrocentos presos durante máis de tres semanas na cadea californiana de Pelican Bay, deixou en evidencia que a tortura é unha norma no sistema penal dos Estados Unidos.
A protesta de Pelican Bay puxo en perigo de morte aos presos pero conseguiu dous obxectivos: romper o silezo da información dominante sobre o maltrato penal convertido en norma nos Estados Unidos e dobregar á administración penal federal nas demandas básicas da folga.
Canto ao impenetrabel telón da censura, a folga da super-cadea de Pelican Bay acabou na primeira plana do New York Times, despois dos presos entrar en estado crítico. Colin Dayan, profesor da Universidade Vanderbilt, contou nun artigo publicado neste diario que a reclusión de castigo en aillamento xa se convertira en ordinaria despois de o Tribunal Supremo dos Estados Unidos pór en dúbida dereitos fundamentais da poboación penal e admitir nas cadeas a existencia do monstro legal da “situación segregada” para os internos nas celas de castigo. Grazas ao Supremo, a administración penitenciaria deixou de render contas sobre os presos en celas de aillamento en preventiva porque non foran encerrados sen luz nin contacto en razón de castigo senón dentro do limbo legal da “situación segregada”. Seguir lendo A folga de fame dos presos de California denuncia a tortura como norma nas cadeas dos Estados Unidos