A figura de Fidel, lembrada nestes días en todo o mundo como exemplo de tenacidade, disciplina, valentía, solidariedade, optimismo, e visión de futuro, iluminou o recordo dos numerosos planos, complots e conspiracións argallados nos EUA durante máis de medio século para asasinalo. Investigacións fundamentadas, proban que en 41 anos os serizos de seguridade de Cuba coñeceron e desmantelaron 634 complots homicidas contra o líder da Revolución, en diferentes estadios de elaboración, deles 60 dirixidos pola CIA, e en 10 casos con participación probada da Mafia, triste marca que ningún outro líder mundial alcanzou na historia da Humanidade e iso sen contar outros que non trascenderon.
Abraido e furioso pola liberación cubana en 1959, Estados Unidos emprendeu outra guerra contra Cuba na que aplicou todos seus recursos. Endebén, a Revolución asinou con sangue o seu socialismo cubano e venceu en Girón; con heroísmo incomprensibel para eles o povo fíxose Maceo na Crise de Octubro. Estados Unidos iniciou daquela unha forma de guerra sistemática, ilegal e inmoral contra Cuba, que continúa deica hoxe.