Arquivo da etiqueta: Gustavo Luca

OS MEDIOS OCULTAN A VITAL PARTICIPACIÓN DE CUBA NA VITORIA DE MANDELA SOBRE O APARTHEID

Gustavo Luca – Terra Sen Amos.

“Na historia de Africa non existe outro caso dun povo alzado en defensa dun dos nosos”, declaraba Mandela ao Granma 27 de xullo de 1991. O primeiro presidente democrático de Sudáfrica honraba con estas palabras a contribución decisiva de Cuba na derrota do sistema racista do Apartheid e recoñecía o empeño de Fidel Castro naquela loita que o líder da Revolución Cubana chamara “a causa máis bonita”. A mesma prensa que condenaba a Mandela a cadea perpetua por terrorismo, despídeo con bágoas na hora do seu pasamento e procura non citar o protagonismo de Cuba na liberación de Namibia e Angola que obrigara á rendición de feito dos racistas de Sudáfrica.

Tropas cubanas chegaran a Angola en 1975-76. Derrubada a ditadura portuguesa no 74, un goberno de transición formado polo MPLA de Agostinho Neto, o FNLA de Holden Roberto e a UNITA de Jonas Sawinbi, comprometérase a dirixir Angola até as eleccións de novembro do 75. Antes da votación, soldados do Zaire colonialista de Mobutu entraron en Angola con braceletes do FNLA, engano inútil porque o MPLA prevalecía pese a superioridade en armas (procedentes de Sudáfrica e Estados Unidos) dos partidos mercenarios. Seguir lendo OS MEDIOS OCULTAN A VITAL PARTICIPACIÓN DE CUBA NA VITORIA DE MANDELA SOBRE O APARTHEID

A INOCENCIA FINXIDA DO TURISTA LUIS YAÑEZ

Gustavo Luca – Terra Sen Amos

Informan ao eurodeputado do PSOE Luis Yañez, no aeroporto da Habana, que é persoa non grata e reaparecen nesta beira os mesmos editoriais de cando Cuba negara condición de turista ao secretario de Relacións Internacionais do PP Jorge Moragas, outubro de 2004. Yáñez imita a Moragas na finxida inocencia: a diferenza só está en que o finxidor deste hora non é cabo de cociña de Aznar senón maleteiro-xefe de Felipe Gonzalez.

Non hai moito, o partido de Felipe González e de Yáñez recomendara, por boca do chanceler Miguel Angel Moratinos, acabar coa vinganza común europea contra a única ex-colonia caribeña emancipada con todas as da Lei. Liberada non coma as vellas posesións británicas, dependentes do favor e a norma colonial malia teren sido formalmente independizadas; non coma as que pasaron da manumisión española á norteamericana sen cambiaren nin o decorado; nada semellante á burla dos descendentes dos escravos franceses nas Antillas, instruídos nos Territorios de Ultramar coma fillos da Galia. O anuario da ONU non deixaría mentir: o único Estado que vota con plena independenza nese rico arquipélago que un día fora confundido coas beiras de Cipango, é o cubano. Seguir lendo A INOCENCIA FINXIDA DO TURISTA LUIS YAÑEZ