Arquivo da etiqueta: mercenarios de EUA

A Delegación Cubana en Panamá négase a compartir espazo cos mercenarios

TSA – Redacción

“A Delegación Cubana non compartirá o mesmo espazo que mercenarios e terroristas”, anunciou nun comunicado o grupo de intelectuais que asiste en Panamá aos Foros Paralelos do Cumio das Américas.  O xornal “Juventud Rebelde” deu conta de a organización do Foro recusar a entrada na  primeira sesión de 28 delegados de Cuba con todos os trámites de participación cumpridos. Entre eles estaban Omar González, Fernando Martínez Heredia, Abel Prieto, Luis Morlote e Heriberto Ferraudy aos que finalmente foi recoñecida a entrada xunto ao resto da Delegación. Unha vez dentro,  denunciaron a presenza de mercenarios, ingresados no local do Hotel Panamá pola porta traseira, e anunciaron a súa retirada.

Impreso coa declaración dos representantes de Cuba nos Foros Paralelos do Cumio das Américas
Impreso coa declaración dos representantes de Cuba nos Foros Paralelos do Cumio das Américas

O xornalista Iroel Sánchez refírese a presenza de mercenarios ao servizo de EUA nos foros paralelos do Cumio das Américas e recorda a longa teima do poder norteamericano por cambiar mediante a compra millonaria de vontades, a inxerencia e o crime, o inequívoco comprommiso cubano pola independencia e a xustiza. Seguir lendo A Delegación Cubana en Panamá négase a compartir espazo cos mercenarios

OS MEDIOS OCULTAN A VITAL PARTICIPACIÓN DE CUBA NA VITORIA DE MANDELA SOBRE O APARTHEID

Gustavo Luca – Terra Sen Amos.

“Na historia de Africa non existe outro caso dun povo alzado en defensa dun dos nosos”, declaraba Mandela ao Granma 27 de xullo de 1991. O primeiro presidente democrático de Sudáfrica honraba con estas palabras a contribución decisiva de Cuba na derrota do sistema racista do Apartheid e recoñecía o empeño de Fidel Castro naquela loita que o líder da Revolución Cubana chamara “a causa máis bonita”. A mesma prensa que condenaba a Mandela a cadea perpetua por terrorismo, despídeo con bágoas na hora do seu pasamento e procura non citar o protagonismo de Cuba na liberación de Namibia e Angola que obrigara á rendición de feito dos racistas de Sudáfrica.

Tropas cubanas chegaran a Angola en 1975-76. Derrubada a ditadura portuguesa no 74, un goberno de transición formado polo MPLA de Agostinho Neto, o FNLA de Holden Roberto e a UNITA de Jonas Sawinbi, comprometérase a dirixir Angola até as eleccións de novembro do 75. Antes da votación, soldados do Zaire colonialista de Mobutu entraron en Angola con braceletes do FNLA, engano inútil porque o MPLA prevalecía pese a superioridade en armas (procedentes de Sudáfrica e Estados Unidos) dos partidos mercenarios. Seguir lendo OS MEDIOS OCULTAN A VITAL PARTICIPACIÓN DE CUBA NA VITORIA DE MANDELA SOBRE O APARTHEID