Arquivo da etiqueta: Jaime Mayor Oreja

A vida de millonários dos “perseguidos políticos” cubanos

Arthur González – Blog Heraldo Cubano
De onde ven o diñeiro que paga billetes de avión, hoteis e dietas dos auto-proclamados disidentes cubanos, máis parecidos a modelos de moda e actrices de éxito ca a perseguidos políticos, como eles fachean ser? Como poden pasar a vida a viaxar a Europa e aos Estados Unidos se fose certa a existéncia en Cuba da ferreña represión que eles pregoan por consello de Washington? Calquera que estea ao tanto da represión no mundo, comprende que a pretendida disidencia cubana goza de plena saúde e liberdade de movementos, sen cicatrices nin fracturas.  Estados Unidos teima dende 1959 por deformar a realidade da Revolución cubana e frustrar o proceso socialista que axuda aos máis humildes e garantte igualdade de oportunidades; non queren que Cuba sexa imitada por outros povos agoniados por enfermidades, analfabetismo e desemprego a causa dos grillóns capitalistas.

Competindo en elegáncia co requintado Mayor Oreja, Guillermo Fariña fai dubidar a ONU dos seus estarrecedores relatos de tortura e represión.
Competindo en elegáncia co requintado Jaime Mayor Oreja, Guillermo Fariñas fai dubidar ao Parlamento Europeo dos seus estarrecedores relatos de tortura e represión.

Seguir lendo A vida de millonários dos “perseguidos políticos” cubanos

A INOCENCIA FINXIDA DO TURISTA LUIS YAÑEZ

Gustavo Luca – Terra Sen Amos

Informan ao eurodeputado do PSOE Luis Yañez, no aeroporto da Habana, que é persoa non grata e reaparecen nesta beira os mesmos editoriais de cando Cuba negara condición de turista ao secretario de Relacións Internacionais do PP Jorge Moragas, outubro de 2004. Yáñez imita a Moragas na finxida inocencia: a diferenza só está en que o finxidor deste hora non é cabo de cociña de Aznar senón maleteiro-xefe de Felipe Gonzalez.

Non hai moito, o partido de Felipe González e de Yáñez recomendara, por boca do chanceler Miguel Angel Moratinos, acabar coa vinganza común europea contra a única ex-colonia caribeña emancipada con todas as da Lei. Liberada non coma as vellas posesións británicas, dependentes do favor e a norma colonial malia teren sido formalmente independizadas; non coma as que pasaron da manumisión española á norteamericana sen cambiaren nin o decorado; nada semellante á burla dos descendentes dos escravos franceses nas Antillas, instruídos nos Territorios de Ultramar coma fillos da Galia. O anuario da ONU non deixaría mentir: o único Estado que vota con plena independenza nese rico arquipélago que un día fora confundido coas beiras de Cipango, é o cubano. Seguir lendo A INOCENCIA FINXIDA DO TURISTA LUIS YAÑEZ