G. Luca – Terra sen amos.
O reporterismo electrónico lanzado polas axencias do governo norteamericano sobre Cuba, recibe a primeira páxina da revista “Time” e algún premio na UE mais só provoca indiferenza na ben informada opinión pública cubana.
Por moito que os seus promotores sobranceen a condición independente deste xornalismo, o seu estilo non se arreda do vello modelo de propaganda capitalista contra Cuba independente, copia a miscelánea norteamericana da Guerra Fria e está dirixido a banalizar o debate político mediante a anécdota e a privacidade. Seguir lendo A opinión pública cubana ignora o “Xornalismo Independente” →
A HABANA. Raúl Castro desfilou na fronte da manifestación habanera do Día Internacional dos Traballadores. A marcha fora convocada Baixo o lema “Preservar e perfeccionar o socialismo”.
Perto de 2000 invitados de 117 países e 209 sindicatos e organizacións de amizade internacionais, estaban presentes na Praza de la Revolución, engalanada con bandeiras para o evento. A asistencia de persoas de todas as idades, a multitude de cartaces e bandeiras, as músicas e os lemas coareados, daban a marcha un aire de festa. Seguir lendo Preservar e perfeccionar o socialismo, lema do Primeiro de Maio na praza da Revolución →
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"