Arquivo da etiqueta: Juventud Rebelde

Fidel di que o triunfo sandinista débese á coerencia de Daniel Ortega

A razón da rotunda vitoria de Daniel Ortega en Nicaragua está en non ter abandonado nunca o contacto co povo e na loita incesante polo seu benestar. Fidel Castro resume así nas páxinas de Juventud Rebelde, o resultado das eleccións do pasado dia 6 no país de Sandino.

“Coñezo ben a Daniel –escrebe Fidel- endexamais adoptou posicións extremistas e sempre mantivo a fidelidade a principios básicos”. O autor do artigo recorda que Ortega asumira a Presidencia a partir dunha dirección política colegiada e soubera respectar as opinión dos seus compañeiros dentro do Sandinismo o que o habia de converter nun referente de unidade entre os revolucionarios, sen deixar nunca de manter contacto coas bases. Fidel ve neste comportamento coerente a grande ascendencia que Daniel Ortega adquiriu entre os humildes ao tempo que o Sandinismo gañaba a hostilidade da oligarquía nicaraguense e do imperialismo norteamericano. Seguir lendo Fidel di que o triunfo sandinista débese á coerencia de Daniel Ortega

O Congreso require ao executivo español que interveña a prol dos Cinco Heroes perante o governo dos Estados Unidos

Juventud Rebelde /Cubainformación

A Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados, requeriu ao Governo español intervir perante o executivo norteamericano en demanda de excarceración inmediata dos Cinco Antiterroristas Cubanos, inocentes presos nas cadeas dos Estados Unidos dende desde 1998.

Promoveu a moción o Grupo Mixto, a instancias do Bloque Nacionalista Galego, Esquerra Republicana de Catalunya, Izquierda Unida, Iniciativa per Cataluña-Els Verts e o PSOE e os deputados aprobaron unha proposición non de Lei construida sobre o fondo de incontábeis pronunciamentos internacionais a prol de Gerardo, René, Ramón, Antonio e Fernando, e de pedidos de liberación semellantes formulados por governos, parlamentos, instancias públicas de toda clase, asociacións en defensa da xustiza e particulares. Verdadeira fronda documental para o Governo poder interceder perante Washington en demanda de excarceración e para os familiares dos antiterroristas poderen atinxir o dereito de humanidade de visitalos, negado até o de hoxe pola Casa Branca. Seguir lendo O Congreso require ao executivo español que interveña a prol dos Cinco Heroes perante o governo dos Estados Unidos

O coñecido disidente Carlos Serpa Maceira, anuncia que é axente cubano

Michael Parmly, xefe da oficina de intereses dos Estados Unidos en Cuba, abraza perante as cámaras a Carlos Serpa Maceira, axente do Estado Cubano que actuaba dentro dos grupos contra-revolucionarios promovidos polo Departamento de Estado norteamericano e embaixadas da UE en Cuba.

A imaxe é de hai un ano, cando Parmly ainda era encargado da oficina da SINA na Habana. Agora, Serpa revela a súa verdadeira personalidade e acusa ao servicio exterior dos Estados Unidos de financiar e organizar a oposición. Seguir lendo O coñecido disidente Carlos Serpa Maceira, anuncia que é axente cubano

As inquedanzas da xuventude cubana

Graziella Pogolotti – Juventud Rebelde

Contan que Raúl Roa, interrogado a inicios da década dos 50 por un grupo de estudantes acerca da diferenza entre os dese tempo e os participantes na Revolución do 30, respondeu: «Os mozos sempre son os mesmos, o que cambia son as circunstancias». Raúl Roa foi, ademais do inesquecible Chanceler da Dignidade, un extraordinario mestre. Máis alá da aula, á saída das súas clases, na daquela Plaza Cadenas, seguía conversando cos numerosos mozos que o rodeaban. A súa evocación viva de acontecementos, anécdotas e personaxes sementou ideas que contribuíron a conformar o ideario dos que asumirían a loita contra a tiranía de Batista.

A referencia parece necesaria nos días que corren, cando actitudes e comportamentos de moitos mozos defraudan as expectativas dos seus maiores. O enrarecemento do diálogo necesario pode ter consecuencias moi negativas. Propóñome despexar o tema do anecdotario conxuntural para tratar de abordar, a reserva de investigacións de maior alento, as causas do fenómeno. Seguir lendo As inquedanzas da xuventude cubana

Discurso do Secretario de Estado de Cuba no XIX Cumio Iberoamericano

A pobreza só ten solución por medidas políticas.

Vencer a pobreza e o atraso mediante innovación e o coñecemento, sen solucionar as desigualdades, é un soño. No Cumio de Lisboa, a voz crítica do Secretario de Estado de Cuba, Bruno Rodríguez Parrilla, puxo a arela da liberación científico-técnica ao nivel da realidade da Nosa América. fixo pousar na realidade a arela de foi a no Cumio de Lisboa O representante de Cuba, díxoo cunha pregunta de Xosé Saramago “Qué caste de mundo é este que pode mandar máquinas a Marte e non fai nada para deter o asasinato dun ser humano “?

“A innovación e o coñecemento -dixo o Secretario de Estado- formulan oportunidades para promover o desenvolvemento, para impulsar o crecemento económico, para reducir a desigualdade, para curar as enfermidades curabeis e atopar solución ás hoxe incurabeis, para mellorar as condicións de vida de miles de millóns de seres humanos, para darlle oportunidade aos minusválidos, para erradicar a fame do mundo, para conseguir a xustiza e para protexer ao planeta do efecto depredador da nosa propia acción. Ora tamén poden usarse para promover a exclusión, privar aos máis pobres da tecnoloxía e o adianto, perpetuar na miseria miles de millóns de persoas, contribuír ao acaparamento e a exclusividade do coñecemento, concentrar o dominio das fontes e recursos para a produción de alimentos e explotar máis intensamente os recursos esgotabeis do planeta. Seguir lendo Discurso do Secretario de Estado de Cuba no XIX Cumio Iberoamericano