Terra Sen Amos
A Asociación de Amizade Galego-Cubana reclamou o remate do Bloqueo durante a reunión da irmandade revolucionária Galego-Cubana celebrada en Compostela no 63 aniversário do Asalto ao Cuartel de Moncada. O presidente da “Francisco Villamil”, Valentín Alvite, dixo no Centro Socio-Cultural do Castiñeiriño que era hora de elevar a mobilización contra o cerco ilegal imposto sobre Cuba polos EUA dende 1960. A súa beira, a cónsul de Cuba Laura Urra, asegurou que ninguén poderia pretender de Cuba a renúncia dos princípios da Revolución, esperar concesións relacionadas coa súa soberanía e independéncia, nin postergar a defensa dos seus ideais ou do exercício da súa política exterior comprometida coas causas xustas e a defensa da autodeterminación dos povos. Durante a homenaxe aos herois do Moncada, a directiva da Villamil Erea del Rio, leu un poema de Yanicet Brioso Leyva, de Holguin, adicado a Ana Belén Montes, presa nos EUA por ter defendido Cuba dende o seu traballo. A versión Galega do texto, débese á poeta Maria Rosendo.
Seguir lendo A “Francisco Villamil” chama a aumentar a mobilización contra o Bloqueo