Arquivo da etiqueta: Manuel Aneiros

O Ateneo Ferrolán organiza un congreso Galego-Cubano en novembro

Diario de Ferrol.com.

As relacións históricas entre Galicia e Cuba, especialmente en Ferrol e comarca, centrarán o congreso que o Ateneo Ferrolán convoca do 13 ao 15 de novembro baixo o título “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”, co obxectivo de promover investigacións sobre as relacións entre as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba a través do fenómeno da emigración. Un evento no que non se deixará de falar de cuestións como a economía, máis tamén a educación, a cultura ou o despetar dunha conciencia de país. Ao cabo, a finalidade última da xuntanza de persoas investigadoras e a difusión dos seus traballos sería a de tentar contribuír ao coñecemento dunha historia compartida aos dous lados do Atlántico e avaliar a importancia e protagonismo da emigración de Ferrolterra na historia de Cuba e tamén na propia historia da Galicia.

Venres 13 de novembro ás 19,30 h.  no Ateneo intervirán: Jorge Juan Suárez Fernández   (Alcalde do Concello de Ferrol) José Antonio Solana Fernández   (Cónsul Xeral de Cuba en Galicia, Asturias e Cantabria) e Xosé Neira Vilas que pronunciará a conferéncia inaugural.
Venres 13 de novembro ás 19,30 h.
no Ateneo intervirán:
Jorge Juan Suárez Fernández
(Alcalde do Concello de Ferrol)
José Antonio Solana Fernández
(Cónsul Xeral de Cuba en Galicia, Asturias e Cantabria)
e Xosé Neira Vilas que pronunciará a conferéncia inaugural.

Seguir lendo O Ateneo Ferrolán organiza un congreso Galego-Cubano en novembro