Un fármaco anti-tumoral producido en laboratorios cubanos a partir de péptidos de orixe natural, podería ser en breve o mellor tratamento para o cancro de tecidos brandos. Síntese de catorce anos de investigación, a solución actúa en áreas do corpo humano que son imposibeis de tratar con cirurxía, quimioterapia ou outras terapias modernas.
O fármaco foi administrado a un rapaz que hai uns meses libraba unha batalla coa morte a causa dun cancro cerebral mas que non podía ser intervido a causa do alto risco da operación. Os médicos decidiron tratalo co antitumoral en avanzada fase de probas, e o resultado foi sobresainte. “O paciente comezou cunha gran lesión hidrocefálica e foi tratado só con solución de peptídico natural. En maio pasado, a lesión alcanzou o seu tamaño mínimo ” explicou a especialista en ensayos clínicos da empresa farmacéutica estatal Labiofam, Niudis Cruz Zamora. Seguir lendo Unha nova terapia cubana pode revolucionar o tratamento do cancro →