Arquivo da etiqueta: Nartinez Heredia

“A intelixéncia defenderá os principios da cultura cubana mellor que as prohibicións” (Diez-Canel na Asemblea da UNEAC)

Granma-Cubadebate-Juventud Rebelde- Terra Sen Amos

Miguel Díaz-Canel invitou á extender o debate ideolóxico, cultural e ético a todo o pobo de Cuba e a integrar os termos da discusión no marco do desenvolvemento. O Primeiro Vicepresidente dos Consellos de Estado e de Ministros de Cuba, dixo no III Consello Nacional da Unión de Escritores y Artista de Cuba (UNEAC) que  a Revolución estaba a vivir unha batalla ideolóxica, cultural e ética e que o debate só poderia dar cabo nunha discusión de base, recordando que moitos proxectos brillantes non se deran cumprido por non teren interesado a sociedade. O vicepresidente propuxo unha cultura “da legalidade e do comportamento público” no que a expresión cultural poda prender no pobo e contrarreste a ameaza dunha liña devaluadora da cubanía. A asemblea da UNEAC levaba por lema Cultura é Patria, lema histórico do intelectual cubano Fernando Ortiz.

Diaz-Canel falando na Asemblea de UNEAC. A súa dereita Miguel Barnet, Esteban Morales e Abel Prieto.

Seguir lendo “A intelixéncia defenderá os principios da cultura cubana mellor que as prohibicións” (Diez-Canel na Asemblea da UNEAC)