Granma-Cubadebate-Juventud Rebelde- Terra Sen Amos
Miguel Díaz-Canel invitou á extender o debate ideolóxico, cultural e ético a todo o pobo de Cuba e a integrar os termos da discusión no marco do desenvolvemento. O Primeiro Vicepresidente dos Consellos de Estado e de Ministros de Cuba, dixo no III Consello Nacional da Unión de Escritores y Artista de Cuba (UNEAC) que a Revolución estaba a vivir unha batalla ideolóxica, cultural e ética e que o debate só poderia dar cabo nunha discusión de base, recordando que moitos proxectos brillantes non se deran cumprido por non teren interesado a sociedade. O vicepresidente propuxo unha cultura “da legalidade e do comportamento público” no que a expresión cultural poda prender no pobo e contrarreste a ameaza dunha liña devaluadora da cubanía. A asemblea da UNEAC levaba por lema Cultura é Patria, lema histórico do intelectual cubano Fernando Ortiz.
Palabra á la Defensa! é o novo libro de Salim Lamrani sobre Cuba, traducido por Editorial Hiru. O profesor da Universidade da Reunión e xornalista de longa especialización nos problemas causados a Cuba pola inxerencia de Estados Unidos, reúne opinións sobre a realidade de Cuba non condicionadas pola propaganda de Estados Unidos, voces que nun xuicio pertencerían á defensa de Cuba, ausente na informacións dominante. Os entrevistados son Mariela Castro, directora del Centro Nacional de Educación Sexual de Cuba (CENESEX) e da revista Sexología y Sociedad; Ricardo Alarcón Quesada, ex-ministro de Estado (relacións exteriores) e ex-presidente da Asemblea do Poder Popular; Max Lesnik (Max Edgardo Lesnik Menéndez) xornalista cubano fundador de Radio Miami, medio a prol do retorno do exilio e contrário ao Bloqueo e a inxeréncia norteamericana; Miguel Barnet Lanza, poeta, novelista, ex-presidente da Unión de Escritores y Artistas de Cuba UNEAC (2007) e da Fundación Fernando Ortiz, membro do Comité Central do PCG; Eusebio Leal Spengler, historiador da cidade da Habana; Abel Prieto, escritor e político cubano, ex-ministro de cultura (1997-2012); Alfredo Guevara, fundador do Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos (ICAIC); Wayne S. Smith, derradeiro embaixador en Habana, antes da ruptura de relacións por parte de EUA e crítico do Bloqueo; Jean-Pierre Bel, ex-presidente do Senado francés e embaixador especial do governo de Hollande para América Latina e Álvaro Colom Caballeros, presidente de Guatemala.