Arquivo da etiqueta: Mariela Castro

“Cuba construiu a sociedade máis fraterna do mundo” (Salim Lamrani, autor de “Cuba, palabra a la defensa!”)

Terra Sen Amos

Palabra á la Defensa! é o novo libro de Salim Lamrani sobre Cuba, traducido por Editorial Hiru. O profesor da Universidade da Reunión e xornalista de longa especialización nos problemas causados a Cuba pola inxerencia de Estados Unidos, reúne opinións sobre a realidade de Cuba non condicionadas pola propaganda de Estados Unidos, voces que nun xuicio pertencerían á defensa de Cuba, ausente na informacións dominante. Os entrevistados son Mariela Castro, directora del Centro Nacional de Educación Sexual de Cuba (CENESEX) e da revista Sexología y Sociedad; Ricardo Alarcón Quesada, ex-ministro de Estado (relacións exteriores) e ex-presidente da Asemblea do Poder Popular; Max Lesnik (Max Edgardo Lesnik Menéndez) xornalista cubano fundador de Radio Miami, medio a prol do retorno do exilio e contrário ao Bloqueo e a inxeréncia norteamericana; Miguel Barnet Lanza, poeta, novelista, ex-presidente da Unión de Escritores y Artistas de Cuba UNEAC (2007) e da Fundación Fernando Ortiz, membro do Comité Central do PCG; Eusebio Leal Spengler, historiador da cidade da Habana; Abel Prieto, escritor e político cubano, ex-ministro de cultura (1997-2012); Alfredo Guevara, fundador do Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos (ICAIC); Wayne S. Smith, derradeiro embaixador en Habana, antes da ruptura de relacións por parte de EUA e crítico do Bloqueo; Jean-Pierre Bel, ex-presidente do Senado francés e embaixador especial do governo de Hollande para América Latina e Álvaro Colom Caballeros, presidente de Guatemala.

Voces en defensa da Revolución. O autor do libro recorda que as opinións contra a Revolución tiveron a exclusiva nos medios durante por máis de medio século.
Voces en defensa da Revolución. O autor do libro recorda que as opinións contra a Revolución tiveron a exclusiva nos medios  por máis de medio século.

Seguir lendo “Cuba construiu a sociedade máis fraterna do mundo” (Salim Lamrani, autor de “Cuba, palabra a la defensa!”)

“O sistema internacional de dominación é o atranco principal na loita contra o VIH-Sida” (Mariela Castro na ONU)

Foro de VIH das Nacións Unidas – Redación de Terra Sen Amos

Mariela Castro Espín denunciou na ONU o dano causado polo bloqueo dos Estados Unidos na batalla de Cuba contra o andácio do Sida en todo o mundo. A deputada cubana, sexóloga e directora do Centro Nacional de Educación Sexual de Cuba (Cenesex) dixo na Asemblea Xeral que a inxustiza do sistema internacional de dominación é o atranco maior para erradicar efectivamente o VIH-Sida, contra o que Cuba avanzou mediante unha revolucionária estratexia integral de desenvolvemento que sitúa ao ser humano no centro dos seus obxectivos. “O bloqueo non nos deu parado, endebén non poida ignorarse o seu dano no devezo noso de cumprir a meta internacional de derrotar a doenza para 2030» dixo a parlamentária. A comunidade internacional ten distinguido repetidamente os sobresaintes resultados de Cuba contra o Sida, unha doenza que ten causado máis de 34 millóns de mortes dende 1981. A seguir reproducimos a intervención de Mariela Castro no foro da ONU.

"A loita contra o Sida implica unha estratexia integral de desenvolvemento que sitúe ao ser humano no centro dos seus obxectivos", di Mariela Castro.
“A loita contra o Sida implica unha estratexia integral de desenvolvemento que sitúe ao ser humano no centro dos seus obxectivos”, di Mariela Castro.

Seguir lendo “O sistema internacional de dominación é o atranco principal na loita contra o VIH-Sida” (Mariela Castro na ONU)

“En Cuba non temos feminicidios por efecto da Revolución” (Mariela Castro)

Resumen Latinamericano – Terra Sen Amos
“En Cuba non temos feminicidios. Porque Cuba non é un país violento e iso si qué é un efecto da Revolución”, di Mariela Castro Espín nunha entrevista realizada por Lucia Álvarez para Resumen Latinoamericano. A directora do Centro Nacional de Educación Sexual de Cuba (CENESEX) coida que o feito de estaren as mulleres organizadas na Revolución “dá moita forza: hai moitas campañas, programas de televisión, de radio, espacios científicos; traballamos polo empoderamento e hoxe somos o terceiro ou cuarto país con maior presenza de mulleres no Parlamento; medrou o número de graduadas universitarias e temos paridade salarial dende 1959”. Sobre os atrancos no camiño, a responsábel do CENESEX di que os principais foran “os prexuizos que aprendimos dos nosos ancestros españois e dos africanos tamén e dos que estaban no mundo enteiro. Eses lugares comúns estorbaban para a definición dunha política clara. Había reflexións mais non propostas. A sexualidade estivo decote marcada polas relacións de poder e por ideas, leis, doutrinas basadas nesas relacións. Cómo cambiar ese modelo non sempre foi claro mais agora a cada é máis evidente. O noso enfoque a enfoque da educación sexual procura amosar como se foi criando esa diferenza en detrimento de outras identidades de xénero e sexo.

Mariela Castro é filla de Raúl e de Vilma Espín e dirixe o CENESEX dende hai quince anos.
Mariela Castro é filla de Raúl e de Vilma Espín e dirixe o CENESEX dende hai quince anos.

Seguir lendo “En Cuba non temos feminicidios por efecto da Revolución” (Mariela Castro)