TSA – Redacción
“A Delegación Cubana non compartirá o mesmo espazo que mercenarios e terroristas”, anunciou nun comunicado o grupo de intelectuais que asiste en Panamá aos Foros Paralelos do Cumio das Américas. O xornal “Juventud Rebelde” deu conta de a organización do Foro recusar a entrada na primeira sesión de 28 delegados de Cuba con todos os trámites de participación cumpridos. Entre eles estaban Omar González, Fernando Martínez Heredia, Abel Prieto, Luis Morlote e Heriberto Ferraudy aos que finalmente foi recoñecida a entrada xunto ao resto da Delegación. Unha vez dentro, denunciaron a presenza de mercenarios, ingresados no local do Hotel Panamá pola porta traseira, e anunciaron a súa retirada.
O xornalista Iroel Sánchez refírese a presenza de mercenarios ao servizo de EUA nos foros paralelos do Cumio das Américas e recorda a longa teima do poder norteamericano por cambiar mediante a compra millonaria de vontades, a inxerencia e o crime, o inequívoco comprommiso cubano pola independencia e a xustiza. Seguir lendo A Delegación Cubana en Panamá négase a compartir espazo cos mercenarios