Arquivo da etiqueta: Ramón Labañino

OS MEDIOS OCULTAN A VITAL PARTICIPACIÓN DE CUBA NA VITORIA DE MANDELA SOBRE O APARTHEID

Gustavo Luca – Terra Sen Amos.

“Na historia de Africa non existe outro caso dun povo alzado en defensa dun dos nosos”, declaraba Mandela ao Granma 27 de xullo de 1991. O primeiro presidente democrático de Sudáfrica honraba con estas palabras a contribución decisiva de Cuba na derrota do sistema racista do Apartheid e recoñecía o empeño de Fidel Castro naquela loita que o líder da Revolución Cubana chamara “a causa máis bonita”. A mesma prensa que condenaba a Mandela a cadea perpetua por terrorismo, despídeo con bágoas na hora do seu pasamento e procura non citar o protagonismo de Cuba na liberación de Namibia e Angola que obrigara á rendición de feito dos racistas de Sudáfrica.

Tropas cubanas chegaran a Angola en 1975-76. Derrubada a ditadura portuguesa no 74, un goberno de transición formado polo MPLA de Agostinho Neto, o FNLA de Holden Roberto e a UNITA de Jonas Sawinbi, comprometérase a dirixir Angola até as eleccións de novembro do 75. Antes da votación, soldados do Zaire colonialista de Mobutu entraron en Angola con braceletes do FNLA, engano inútil porque o MPLA prevalecía pese a superioridade en armas (procedentes de Sudáfrica e Estados Unidos) dos partidos mercenarios. Seguir lendo OS MEDIOS OCULTAN A VITAL PARTICIPACIÓN DE CUBA NA VITORIA DE MANDELA SOBRE O APARTHEID

VINTEDÚAS ORGANIZACIONS POLÍTICAS RECLAMAN EN PONTEVEDRA A LIBERDADE DOS CINCO HEROES CUBANOS E O CESE DO BLOQUEO

Varias organizacións políticas e sociais galegas reclamaron onte en Pontevedra a liberdade para os cinco patriotas cubanos presos inxustamente en Estados Unidos.

Reunidas onte na Praza da Peregrina en Pontevedra, vintedúas formacións esixiron a liberación de Antonio Guerrero, Fernando González, Gerardo Hernández, Ramón Labañino e René González. Valentín Alvite Gándara, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, relatou o caso dos cinco anti-terroristas no intre de cumpriren quince anos de privación de liberdade en cadeas norteamericanas. Seguir lendo VINTEDÚAS ORGANIZACIONS POLÍTICAS RECLAMAN EN PONTEVEDRA A LIBERDADE DOS CINCO HEROES CUBANOS E O CESE DO BLOQUEO

René González liberado en condicional coa obriga de permanecer tres anos máis nos Estados Unidos

Prensa Latina/Granma/Telesur

Estados Unidos extende por tres anos o castigo de René González Sehwerert, logo de franquearlle a porta da cadea de Marianna, na Florida, e imporlle liberdade condicional dentro de fronteiras.

Despois de dar cabo a totalidade dunha infamante condena, González non pode ver a súa esposa nin a súa nai, ás que o Goberno norteamericano nega permiso de entrada.

“Pese a ledicia de poder cruzar agora os muros da cadea na que o tiveran 13 anos, René precisa os aires de liberdade de Cuba” sinalou na illa a muller de González, Olga Salanueva. Na porta da cadea, agardaban a René ás 4,30 da madrugada da Sexta, as súas fillas Irma e Ivette, o seu irmán, Roberto, e o seu pai, Cándido, acompañados do advogado Phillip Horowitz. Seguir lendo René González liberado en condicional coa obriga de permanecer tres anos máis nos Estados Unidos

A Federación Sindical Mundial reclama a intervención da ONU a prol dos Cinco

A Federación Sindical Mundial (FSM) reclama da ONU intervir perante os Estados Unidos para a urxente liberación dos Cinco revolucionarios cubanos que están a piques de cumpriren trece anos de castigo nas cadeas norteamericanas. A organización obreira mundial entende que Ban Ki Moon, secretario xeral da ONU debe instar ao presidente Obama para que este produza un indulto que poña fin a inxusta tortura de cinco persoas condenadas nos Estados Unidos por teren impedido a violencia asasina no seu propio país.

O texto da resolución fora proposto ao XVI Congreso da FSM pola delegación do sindicato canario Intersindical Canaria, organización de traballadores e traballadoras activamente implicada dende o seu comezo na campaña internacional pola liberación dos Cinco. A Asemblea da FSM, refrendou a carta como aportación á Campaña Europea por Un Millón de Asinaturas para a Liberdade dos Cinco, o que suma de feito os votos dos douscentos delegados do continente europeo aos seiscentos do resto do mundo. Seguir lendo A Federación Sindical Mundial reclama a intervención da ONU a prol dos Cinco

Palabras de apoio aos Cinco nas manifestacións do Dia da Patria Galega

A Asociacion de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil campou un cartaz de sete metros co lema “Liberdade para Os Cinco” nas dúas manifestacións que ocuparon as rúas de Santiago durante a mañá do 25 de Xullo.

As formacións políticas que participaban nos desfiles reaxiron diante do recordatorio gráfico dos Cinco Herois Cubanos con expresións de solidariedade. “Cuba sí, Ianquis non”, “Liberdade para os Cinco”, “Raúl, amigo, o povo está contigo” e “Cuba vencerá” foron os máis coreados. Seguir lendo Palabras de apoio aos Cinco nas manifestacións do Dia da Patria Galega