Cubadebate – Habana
O dominio do capital privado sobre os medios, a mediatización da política por mor dos grupos de presión, as políticas de comunicación como sistema de censura e a importancia da dereita nas redes de Internet, ocuparon os primeiros debates do XXIV Foro de São Paulo reunido na Habana. No obradoiro de Medios de Comunicación, Raúl Garcés, profesor de comunicación da universidade da Habana, dixo que o poder non se pode criticar só en termos económicos e políticos senón tamén, polo protagonismo do poder simbólico que está a determinar a configuración dos gobernos e dos sistemas políticos nas sociedades contemporáneas.
Seguir lendo O dominio capitalista da información ocupa os debates do XXIV Foro de São Paulo