Luis Carballo (Euronews) – Cubaperiodistas – Resumo de Terra Sen Amos
Cuba ten acordos cos 28 paises da UE dende 1996, compromisos bilaterais que obrigaron a gardar no caixón a Posición Común da UE sobre Cuba, promovida naquel mesmo ano polo Governo de José María Aznar. “Case ninguén recorda hoxe a chamada Posición Común, comenta Bruno Rodríguez Parrilla, ministro de Estado de Cuba nunha entrevista concedida ao canal da UE “Euronews”. A proposta española de obter cesións da soberanía política de Cuba mediante o bloqueo comercial, ficou de feito sobrepasada por acordos e declaracións de intencións que non consideraron o recomendado por Aznar. “As condicións quedaron ultrapasadas porque dende 1996, Cuba asinou convenios que establecen o contrario do que pretendía aquil vello documento, asinado de xeito atrapallado e con clara motivación política”, di Bruno Rodríguez. A entrevista no canal comunitário, non comenta o éxito da visita de Raul Castro a Paris e a presa doutras chancelerías da UE por se aproximaren a Cuba.
Seguir lendo “Case ninguén recorda hoxe a chamada Posición Común” (Bruno Rodríguez Parrilla)