O ataque de Trump contra o governo de Cuba por ter permitido ou organizado un presunto ataque sónico sobre os diplomáticos dos EUA na Habana, poderia dar lugar a unha comprometedora investigación contra o propio inquilino da Casa Branca, ao desvelar o FBI que a grave acusación carece de todo fundamento. “O Maine Sónico afunde”, titula Cubadebate, en recordo do acorazado Maine, de bandeira norteamericana, obxecto dun atentado con explosivos que decidira a EUA a declarar a guerra contra España, en febreiro de 1898.
O ministro de Estado de Cuba, Bruno Rodríguez Parrilla, recordou perante a Asemblea Xeral da ONU a irrenunciabel vocación soberana de Cuba, e recusou con enerxía a soberbia imperialista empregada no foro por Nicky Haley, embaixadora de EUA nas Nacións Unidas, para se referir ao Estado Cubano e ao seu Goberno. O ministro denunciou o proceder inmoral de Trump ao defender un bloqueo, que non nacera no 62 pois non deixa de ser unha manifestación contemporánea da cobiza histórica dos EUA sobre Cuba. Só EUA e e o Estado de Israel defenderon co seu voto o cerco ilegal a Cuba.
O chanceler de Cuba, Bruno Rodríguez, dixo na sexta, dia 9, durante a presentación do Informe Anual do Bloqueo dos Estados Unidos contra Cuba, que as medidas promulgadas até o momento pola Casa Branca foran de efeito limitado pois o o bloqueo segue a prexudicar o pobo cubano. “Non se ignoran nin se pretenden ocultar erros da nosa responsabilidade, mais non se poden subestimar as consecuéncias do bloqueo, inxusto e excluinte, pexo principal para o noso desenvolvemento”. Rodriguez salientou que ao cabo de 21 meses, case dous anos, dende o anuncio do presidente estadounidense en 17 de decembro, e a pesar doutras declaracións cualificando o bloqueo como obsoleto, Barack Obama recoñecera a pesada carga humanitária da inxeréncia asi como o seu efeito de illamento e de atranco insuperábel. “Non existe sector en Cuba que deixe de padecer as consecuéncias do bloqueo”, acrecentou.
Granma – 18/03/16 Véspera da visita a Cuba do presidente dos Estados Unidos, o ministro de Estado (Chanceler) Bruno Rodriguez Parrilla reconhece em rolda de prensa a posição de Obama contra o bloqueio e os chamamentos reiterados que fez ao Congresso, porem assinalou que medidas de normalização anunciadas pela Casa Branca desde 17 de decembro de 2014, representaran pouca diferenza no feito real da interferêmcia económica e política e não resultaram a causa do carácter integral e opresivo das leis norteamericanas aplicadas ilegalmente a Cuba. Goberno de Cuba estuda alcance e efeitos práticos das últimas medidas.