Arquivo da etiqueta: Rosa Miriam Elizalde

O dominio capitalista da información ocupa os debates do XXIV Foro de São Paulo

Cubadebate – Habana

O dominio do capital privado sobre os medios, a mediatización da política por mor dos grupos de presión, as políticas de comunicación como sistema de censura e a importancia da dereita nas redes de Internet, ocuparon os primeiros debates do XXIV Foro de São Paulo reunido na Habana. No obradoiro de Medios de Comunicación, Raúl Garcés, profesor de comunicación da universidade da Habana, dixo que o poder non se pode criticar só en termos económicos e políticos senón tamén, polo protagonismo do poder simbólico que está a determinar a configuración dos gobernos e dos sistemas políticos nas sociedades contemporáneas.

O Foro pediu a liberdade para Lula, secuestrado por orde do FMI.

Seguir lendo O dominio capitalista da información ocupa os debates do XXIV Foro de São Paulo

CUBA E INTERNET

CUBA E INTERNET: MENOS CINISMO, POR FAVOR por Rosa Miriam Elizalde.

Ninguén se conecta a Internet invocando palabras máxicas. Polo menos requírense de tres condiciones ineludibles: a rede de telecomunicacións, as computadoras ou equipos electrónicos que dialogarán cos seus pares no mundo e unha cultura do uso destas tecnoloxías. Se se vive nunha illa, necesítase ademais de cables submarinos para enlazarse a redes continentais máis eficientes que as transmisións por satélite, moi caras e moi lentas.

O bloqueo decretado por Estados Unidos a Cuba existe desde antes do nacemento da Internet en 1969 e supuxo -e supón aínda- un obstáculo frontal a que esas condicións sexan propicias para a Illa. Cero tecnoloxía electrónica pode chegar do mercado a 90 millas das nosas costas, e até 1996 non había maneira de conectarse coa rede internacional, por decisión do goberno dos Estados Unidos. Seguir lendo CUBA E INTERNET