Arquivo da etiqueta: Solana

Compostela recorda a Martí no seu 165 aniversario

M.  Santiago – Terra Sen Amos (Compostela)

A Asociación de Amizade Galego Cubana Francisco Villamil e o Consulado Xeral de Cuba, deron cita sábado 28 en Compostela, ao pé da efixie de Martí, e acompañáronnos galeg@s de Ortegal ao Miño e cuban@s, conxurados de consún co Pai da Patria. Foi no Parque Granell, para facer nosa a convocatoria universal ao Heroe Nacional Cubano no seu 165 Aniversario. Luz Fandiño baixou unha raiola no xeo da mañá cun limpo poema a Martí e, a seguir, caixa, parche e tumbal de Os Enxebres de San Lázaro ergueron notas do valeroso chan.

Foto de ANA PEREIRA, Terra Sen Amos

Seguir lendo Compostela recorda a Martí no seu 165 aniversario

Galiza celebra o 57 aniversário da Revolución Cubana

Terra Sen Amos – Redacción

O 57 aniversário da Revolución Cubana reuniu en Compostela á Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” e ao Consulado Xeral de Cuba en Galiza, nunha festa conmemorativa que congregou a solidariedade organizada e a amizade con Cuba. Abrindo o acto, Valentín Alvite Gándara, presidente da “Francisco Villamil” dixo que a fuga de Fulgéncio Batista coa caixa do Banco Nacional, no mencer do primeiro de ano de 1959,  fora descrita na prensa conservadora coma a escorrentada dun ladrón, asasino e valedor da máfia. Alvite recordou o trinta aniversário da Asociación á beira de Cuba, obxecto dun libro que relata o cerco económico e político e a manipulación e censura pagada polo Capital. José Antonio Solana González, Cónsul Xeral de Cuba, chamou a sumar vontades contra o Bloqueo que teima, pésia o veto da Asemblea da ONU e o recoñecemento de inutilidade e inxustiza da Casa Branca. A razón maior dunha idea de xustiza abrirase paso igual que os Cinco regresaron, dixo, coa verdade de Cuba e a solidariedade do mundo.

Na festa do aniversário, só parou a música para escoitar os discursos de Alvite e Solana. Foto de Merchi Santiago.
Na festa do aniversário, só parou a música para escoitar os discursos de Alvite e Solana. Foto de Merchi Santiago.

Seguir lendo Galiza celebra o 57 aniversário da Revolución Cubana