Xurxo Martiz Crespo – Sermos Galiza
Hai dous cadriños de Castelao que, de cando, en vez desembarcan na miña memoria: o do velorio da única vaca da familia labrega e o da familia burguesa chorando a morte do seu caniche Fifi. A imaxe de ambos os velorios, contrapostas, resúmoa coma aquelas viñetas que dicían «sen palabras»… tire vostede as súas conclusións. Este día á noite vía nas noticias as imaxes da poboación habaneira, despois do paso do furacán Irma, bailando nas rúas anegadas da Habana vieja. Un gordo e unha gorda, un travesti, outro gordo cun puro na boca, todos coa auga polo van, bailando, saudando, facendo acenos coa man para uniren outros á pachanga.