Ante as ilegais medidas, a cada máis agresivas, do goberno do EUA contra Cuba e outros países da América Latina, a Asociación de Amizade Galego-Cubana FRANCISCO VILLAMIL chama a intensificar a solidariedade e apoiar a resolución cubana contra o bloqueo que será sometida a votación da Asemblea Xeral das Nacíóns Unidas un ano máis nos vindeiros días.
A manífestación en defensa de Cuba e contra a intromisión que o goberno de Washington recrudece dende Rio Bravo e o Caribe ao Cabo de Fornos, terá lugar na Segunda Feria 28 de outubro, ás 20:00 horas diante do MARCO de Vigo.