Terra Sen Amos
Celebrouse venres 6 na Libraria Pedreira (rúa do Home Santo 55, en Compostela) a primeira palestra en homenaxe ao Ché, ao se cumpriren 50 anos do seu asasinato en Vallegrande (Bolivia) Susana Méndez Rodriguez da CIG, en representación do Comité Nacional Galego de Homenaxe ao Che Guevara, referiuse ao valor actual da biografia e textos do guerrilleiro e presentou a Valentin Alvite, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.
Alvite repasou datos relevantes do Che: a infancia e mocidade nunha familia da burguesia arxentina; a súa longa viaxe continental sobre o mapa de América e a experiencia vivida en Guatemala na altura do golpe da CIA contra o presidente Jacobo Arbenz; a incorporación ao movimento 26 de Xullo e a súa destaca intervención na Revolución Cubana e en Africa, para abrir un polo crítico favor ábel afronte anti-imperialista e derradeiramente a campaña de Bolivia e o seu asasinato por orde da CIA.
O presidente da Villamil presentou o documental Cuando Pienso en el Che, unha entrevista de Gianni Miná con Fidel na que o Lider da Revolución lembra pasaxes da vida do Che.
A palestra de Compostela é a actividade primeira do Comité Nacional Galego de Homenaxe ao Che Guevara, constituido en Compostela coa participación de organizacións dos ámbitos político, sindical e social. A formalización do Comité corresponde a un chamamento do Comité Internacional de Conmemoración dos 50 anos do asasinato do Che en Bolivia. Os promotores da iniciativa queren divulgar e honrar a figura e o pensamento do Che e recordar a súa traxectoria de loita, a prática internacionalista e anti-imperialista e á lectura dialéctica do marxismo que realizou, comprendendo que a batlla dos pobos pola súa liberdade está indisolubelmente unida á loita polo socialismo. O Comité entende “que é preciso recuperar o pensamento de quen foi un dos humanistas e revolucionarios máis importantes do século XX fronte á mercantilización da súa figura por parte de aqueles contra os que sempre loitou”. Á convocatoria en Compostela, seguirán outras nas sete cidades de Galiza e en diversas vilas para realizaren os fins de homenaxe, estudo e divulgación da figura do Che. O Comité Nacional Galego de Homenaxe ao Che Guevara realizará paralelamente un programa de conferencias, e a primeira será xoves 19 de outubro na Facultade de Filosofía da USC en Compostela, a cargo da socióloga e historiadora cubana María del Carmen Ariet, Coordenadora do Centro de Estudos Che Guevara da Habana.