Eddy Jiménez.
Houberan pasar douscentos anos dende o comezo das loitas independentistas de América Latina para facer realidade un congreso de todos os Estados do sur do Continente, coa inclusión dos caribeños, escrebe o xornalista cubano Eddy Jiménez no comentario editorial da sección A Nosa América da revista Aira das Letras que celebra a institución da CELAC.
O autor cita o Congreso Anfictiónico de Panamá, convocado por Simón Bolívar en 1826, cismado até o fracaso polos Estados Unidos, e o xuizo lúcido do Libertador: “Parecen os Estados Unidos destinados pola providencia para inzar América de miseria a conta da liberdade”.
Depois de a Nosa América safar a xugada colonial, os intereses estadounidenses e europeos non aforraron recurso para manter a desavinza e a dependenza do Norte mediante o regionalismo, a inxerencia económica, a guerra, a chantaxe e o caciquismo, sinala o autor da nota que salienta a importancia da Revolución Cubana na loita pola descolonización caribeña e a emancipación do continente.
Unha vaga de golpes fascistas e a posterior implantación de políticas económicas neoliberais, depredadoras das riquezas, foron a réplica de Estados Unidos e Europa contra a segunda guerra de independenza dos americanos do sur.
Artigo completo de Eddy Jiménez, en De Nuestra América