Angel Guerra Cabrera – La Pupila Insomne (Edición de TSA)
Repiten os noticiários que a desavinza entre Estados Unidos e Cuba é unha das derradeiras leas da Guerra Fría. Non é certo: a deboura entre os dous paises ten a súa orixe na arrogancia colonial dos EEUU. Non comezóu coa Revolución cubana. En 1823, o Presidente James Monroe presentou a chamada Doutrina Monroe, resumida na proposta América para os norteamericanos. Procede do estatista John Quincy Adams, autor tamén da líña de política exterior do governo de Washington con Cuba, coñecida como política da Froita Madura: Cuba, separada de España, terá de gravitar para a Unión pola súa importáncia maior para os nosos intereses políticos e comerciais“, proclamaba Adams.
Houberan pasar douscentos anos dende o comezo das loitas independentistas de América Latina para facer realidade un congreso de todos os Estados do sur do Continente, coa inclusión dos caribeños, escrebe o xornalista cubano Eddy Jiménez no comentario editorial da sección A Nosa América da revista Aira das Letras que celebra a institución da CELAC.
O autor cita o Congreso Anfictiónico de Panamá, convocado por Simón Bolívar en 1826, cismado até o fracaso polos Estados Unidos, e o xuizo lúcido do Libertador: “Parecen os Estados Unidos destinados pola providencia para inzar América de miseria a conta da liberdade”. Seguir lendo Douscentos anos de loita para unir a Nosa América→
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"