MAREA DE BANDEIRA CUBANAS EN COMPOSTELAS CONTRA A AGRESIÓN IMPERIALISTA

Lidia Chamoso- Terra Sen Amos

É tradición en Galiza a irmandade e atención coa Cuba bloqueada dende hai 66 anos, nunha continuidade na que participan a solidariedade e sindicatos e partidos e que no meiodía de sábado 19 revelou unha notoria capacidade de mobilización en Compostela: atrás dunha banda de beira a beira que conminaba ao imperialismo a respectar o dereito de Cuba a se gobernar sen bloqueo: “Deixade vivir a Cuba: contra o asedio imperialista”. Unha onda de bandeiras cubanas ao vento definía o fondo de imaxe da cabeceira.

A marcha rodea a Praza de Galiza na mañá do sábado sen o final da comitiva ter abandonado aínda a Alameda

A convocatoria da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, foi participada pola CIG e apoiada polas formacións de esquerda e o nacionalismo citadas no remate desta información. Na praza das Praterías, as cores de bandas e bandeiras e a poderosa megafonía das consignas atraían a coincidente riáda de turistas na procura da Catedral.

Paco Sebio, presidente da Villamil recordou o 65 aniversario da humillación dos mercenarios en Praia Girón, que entrara nos libros de historia coma primeira derrota do imperialismo en Latinoamérica, a penas unhas horas de ter proclamado o carácter socialista da Revolución Cubana.

O imperialismo castigou Cuba cun bloqueo lacerante “”Unha guerra económica, comecial e financeira que chega até hoxe elevado a bloqueo naval da man de personaxes tan infames coma Trump e Rubio, que buscan impoedir a entrada de combustíbel na illa”. Sebio quere saber “por que se bloquea un pais que ama a paz e a vida e que sana, educa e desenvolve ciencia para ben da humanidade”.

A beira da acusación imperial contra Cuba da ausencia de liberdades e dereitos, o presidente da Villamil pregunta que leccións se poden admitir dun imperio que “só en 2024 acabou coa vida de 1400 persoas pola violencia policial o que signbifica unha vítima cada seis horas e só dez días sen mortes por esta causa, a longo do ano citado”

Sebio pregunta quen pode esquecer aquela cativa espida e queimada polo napalm lanzado polas tropas dos EUA sobre unha aldea vietnamita. “O seu nome era Kim Phuc e fora tratada e sanada en Cuba: a vida de millóns de persoas queimadas e asasinadas polo imperialismo en todo o mundo (e a última foi de 185 nenas asasinadas na escola iraní) non acaen coa súa idea dos dereitos humanos”

A solidariedade con Cuba é máis precisa que nunca: “cando o Imperio ameaza cunha intervención militar en Cuba: 65 anos depois, nós estamos con Cuba, coa liberdade, cos dereitos humanos e coa Revolución”.

Da pequena Cuba para todo o mundo

A seguir, Luisa Cuevas, vicepresidenta da Villamil ,dei leitura ao manifesto titulado “POLA PAZ E SOBERANÍA DOS POBOS” no que recordou as 72 horas que demorouo exército revolucionario baixo a direción de Fidel en esvair o desembarco imperialista: “Por alí viñeron, pero alí quedaron” e un ano antes, puxérase en marcha a estratexia de asfixia da Revolución. O

memorando de Lester Mallory precisaba o obxectivo de xerar “fame,

desesperación e o derrocamento do goberno” por medio do desgaste económico”.

Cuevas recorda que “Cuba marabillou o mundo coa súa capacidade, non só de sobrevivir, senón de desenvolver unha sociedade de novo tipo, na que ninguén quedou sen aprender; en Cuba floreceu unha educación de alta calidade, baseada na intensiva alfabetización e o acceso universal e gratuíto a todos os niveis educativos”.

A promoción universal da arte, o deporte e a ciencia en Cuba así como a construción dun modelo de avangarda de atención médica universal, gratuita baseada na prevención e nunha industria bio-tecnolóxica que se conta entre as máis avanzadas do mundo, son compromisos inaugurais logo cumpridos pola Revolución, según recorda Cuevas. “O desenvolvemento de 5 candidatos vacinais contra a COVID19 foi un fito sen precedentes na América Latina e permitiu a Cuba levar adiante unha campaña de inmunización masiva e independente dos monopolios da Big Pharma e das imposicións do bloqueo -nota a vice-presidenta da Villamil que recorda que isto foi posiblel grazas á existencia dunha industria biotecnolóxica de vangarda, posta ao servizo da saúde pública e non do beneficio privado”.

En contra da información denigratoria de Cuba, alimentadas polas axencias do gran capital, o manifesto lembra que durante a pandemia, a aportación de axuda médica foi da pequena Cuba sometida a bloqueo para ao mundo, e non ao revés. Cuba multiplicou a súa solidariedade internacionalista a través do Continxente Médico Henry Reeve especializado en situacións de emerxencia grave: 57 brigadas médicas foron enviadas a 40 países para

tratar a máis de 1 millón de pacientes.

Cuba designada polos criminais de guerra imperialistas como País Patrocinador do Terrorismo -denuncia Cuevas- exporta médicos no canto de bombas: nos últimos 60 anos, a colaboración médica cubana abrangueu 165 países dos 5 continentes, coa participación de máis de 600.000 traballadoras e traballadoras da saúde. “A solidariedade non se pode bloquear”, dixo o embaixador cubano en Bélxica. Cuba é importante para o mundo. Cuba é un exemplo de humanidade.

A guerra do Imperio contra Cuba dura 66 anos “ engade, Unha guerra híbrida

que combina a agresión militar, as accións de sabotaxe e terrorismo, o boicot

económico, as sancións financeiras, a asfixia enerxética e a desestabilización e a intoxicación usando medios masivos de desinformación e cloacas das redes

sociais. “No comezo do 2026, o cerco a Cuba acadou unha intensidade sen precedentes. O ataque a Venezuela e o secuestro do presidente Maduro, seguidos das ameazas de sancións contra quen pretenda subministrar petróleo a Cuba elevaron a un banzo superior a asfixia da illa. Levárona a unha situación de emerxencia enerxética que estrangula o acceso da poboación cubana aos productos máis básicos: alimentos, medicamentos, equipamentos médicos e artigos de primeirisima necesidade”.

Repara en que este cadro maniféstase no intre dunha intentona desesperada dos EUA e os seus lacaios sionistas por perpetuar a ditadura global do gran capital imperialista sobre os pobos do mundo. A intervención contra Venezuela, a agresión brutal contra Irán, e a activación do chamado Escudo das Américas desde Miami para preparar unha intervención militar directa, configuran un contexto crítico que pon en perigo todos os logros da revolución e o exercicio dos dereitos humanos máis básicos do pobo cubano. “Os EUA buscan provocar o colapso económico e social de Cuba, aganala e rendela por fame e nesta dramática situación Cuba non cede á chantaxe; Cuba non se rende, nin

renuncia a un sistema político e social superior, elixido e decidido polo seu pobo, todos os días desde 1959. Cuba responde defendendo a súa dignidade e

autodeterminación contra quen violan sen cesar o Dereito Internacional no Caribe e en todos os confíns do universo”.

Luisa Cueva fai memoria de os pobos da Galiza e de Cuba manteren desde hai máis de dous séculos unha intensa e singular relación. “Cuba foi lugar de destino e acollemento para centenares de milleiros de labregos que fuxían da miseria procurando porvir e prosperidade. Cuba foi escola do sindicalismo campesiño galego dos anos ’30, retaguarda para as organizacións de liberación nacional e antifascistas. Castro, Ameixeiras, Díaz, Piñeiro, son apelidos de orixe galega determinantes na vitoria

do M-26 en 1959”.

Sobre a memoria do que Cuba ten aportado á humanidade a intervinte chama a solidariedade universal e ao rexeitamento global unánime da agresión ianqui; “a defender Cuba da criminal ofensiva dun imperio moribundo que morre

matando e sementando por todas partes miseria, caos, xenocidio e guerra de

rapiña. Hoxe, coma onte en Praia Girón, hai que facer que se vaian por onde viron. Que deixen vivir a Cuba! Contra ao bloqueo criminal! Contra o asedio imperialista! Cuba vencerá!”

Na Galiza, o 19 de abril do 2026.

A seguir, deron lectura a lista de organizacións asinantes que expresaron o seu apoio a manifestación:

Alternativa dos Veciños de Oleiros,

Anticapitaslistas Galiza

Antifascistas con Venezuela,

Asemblea Anti-imperiaslita,

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”,

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza,

Bloque Nacionalista Galego,

Central Unitaria de Traballadoras,

Comité Antifascista da Louriña,

Comité Anti-OTAN de Compostela,

Comité Anti-OTAN de Lugo,

Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes,

Comunismo Revolucionario Galego,

Confederación Intersindical Galega,

Coordinadora da Mocidade Socialista,

COSAL-Coruña,

Ecoloxistas en Acción – Galiza,

Encontro Galego contra a OTAN,

Erguer. Estudantes da Galiza

Esquerda Unida,

Ferrol con Palestina,

Fervenza,

Galiza Nova,

Galiza por Palestina,

Goberno Municipal de Oleiros,

Marcha Mundial das Mulleres,

Movemento Arredista,

Movemento Democrático de Mulleres,

Partido Comunista de España (marxista-leninista),

Partido Comunista de Galicia,

Partido Comunista do Povo Galego

Partido Comunista pola República Galega

Podemos

Sindicato Labrego Galego

Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza

Unión do Pobo Galego

Verdegaia

Xuventude Comunista

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *