“Pola liberdade de Thiago y Saif, polo respeto a Cuba!” (Graciela Ramírez no Encontro de Solidariedade)


Tamara Velázquez / Resumen Latinoamericano-Cuba.

No primeiro, compañeiros, agradecer, agradecer, coa alma. Eu vivo aquí hai 30 anos, traballo, vivo, resisto á beira do pobo cubano. Quero dicerlles que xamais imos esquecer o que fixo o Goberno de México, a presidenta Claudia Sheinbaum, por este pobo, pola vida de Cuba, cando máis o necesitou. Á miña casa, onde convivimos con persoas maiores, chegou unha parte dos donativos do barco que chegou de México, con feixóns e alimentos enviados por Mexico.

Non foran só alimentos o que necesitabamos, e que nos axuda mália que pouco dure, senón o feito de sentirnos que non estamos sós, que alguén protesta, que protesta desde o goberno, que ftoma a iniciativa e que aínda que teña que mortificarse, porque enriba ten prohibido o envío de petróleo baixo un mandado comercial absolutamente lícito, fai todo o que pode por evitar que torturen a este pobo; para salvalo.

Graciela Ramírez fala na clausura do Encontro da Solidariedade na Habana. Á súa dereita, Erea del Rio Iglesias, ex-presidenta da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.

Agradezo de corazón aos compañeiros de Italia, aos dos EUA, á expedición de Nuestra América. Quen nos ía dicir, hai un ano, no Primeiro de Maio, falando aquí de Gaza, da nosa Palestina arrasada e de colaborarmos na organización da Flotilla Global SUMUD, que a alancada do fascismo e o avance da dereita sería tan terríbel? Un matasete coma Trump e o argalleiro de Marco Rubio, que se senten amos do mundo, donos das nosas vidas, fartos de facerlle dano ao pobo dos EUA, aos inmigrantes, a toda a Nosa América, a Venezuela Bolivariana, coa invasión do 3 de xaneiro, o secuestro de Maduro, Presidente Constitucional, e de Cilia e a ameaza terríbel contra Cuba!

O noso pobo ergue a diario cunha nova ameaza. Estabamos onte felices desfilando pola Revolución Cubana, lanzando vivas á nosa Revolución Socialista!, amando aos traballadores cubanos, reivindicando aos 32 combatentes, os 32 que caeron defendendo a dignidade de Venezuela e defendendo a vida do presidente venezolano Nicolás Maduro. E a alegría tan grande do final da marcha.

Hai novas no serán e pola noite. Digo ás nove da noite, como pode ser? Ás 9 da noite! Eu traballo nos medios de comunicación e na solidariedade, e ás 9 da noite anuncian unha nova medida de Trump. Outra máis Outra máis! Até onde a asfixia? Até onde, compañeiros, até onde? Prepotencia e ameazas.

Publicouno Rusia Today onte: prepotencia e barbaridade! . Quen pode ameazar así unha nación soberana? Quen cre que é? O mandamás fascista, pedófilo, que ten 34 causas, convicto. Nós non temos medo de dicir a verdade e confrontalo porque damos a vida polos nosos pobos! E estamos dispostos a dala pola Revolución Cubana! Onte dixo algo moi grave: “Así que despache o Irán, vou por Cuba!… e voulles chantar o submariño máis grande que existe no mundo, o máis poderoso, o Abraham Lincoln a 100 metros das costas cubanas! Para que logo me digan, moitas grazas, rendémonos!”.

Non hai rendición! , Cando me preguntan se paneis solares ou medicamentos: eu digo paneis solares, medicamentos, toda a axuda que poidan, compañeiros… Turismo: volvan a Cuba, veñan e fagan o que fan os compañeiros de Italia, fagan o do Convoy Nuestra América o doConvoy Brigada Primero de Mayo. Non deixen a Cuba soia compañeiros! Como non podemos deixar só a Thiago!

Esta kufia palestina tróuxoma Thiago Ávila, cando veu no Convoy Nuestra América dende México, porque tamén participou nel. Hoxe Thiago está preso xunto con Saif abu Keshek, un compañeiro de orixe palestina-española, os únicos dous que Israel detivo.

Isto ocorreu antonte: 21 barcos da Flotilla Global SUMUD, foron confiscados polo asasino dos nenos de Gaza, por Israel: 21 barcos, 160 compañeiros. Houberan de liberalos pola presión internacional!. Mais non liberaron a Thiago.

Pido pola vida de Thiago! Pido pola liberdade de Thiago e Saif! Pido pola liberdade de Maduro e Cilia! Pido polo respeito á soberanía de Cuba! Pido pola paz, compañeiros! E pido pola vida!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *